Sacofarinxiformes
Os Sacofarinxiformes (Saccopharyngiformes) son unha orde de peixes teleósteos, dentro da superorde Superorde Elopomorfos (Elopomorpha). Comprende un pequeno número de especies abisais de estraño aspecto aínda que con certas semellanzas coas anguías.
CaracterísticasEditar
Perderon algúns ósos do cranio e do corpo. Carecer de escamas, aletas pélvicas e de vexiga natatoria. Teñen unhas mandíbulas proporcionalmente moi grandes, ata o punto de que algunhas especies son quen de consumir peixes de maior tamaño ca eles. A liña lateral non posúe poros senón uns grupos de túbulos.
Comen peixes, copépodos, camaróns e plancto. Utiliza a boca como unha rede, abréndoa mentres nada cara á presa e enviándoa enteira.
ClasificaciónEditar
Divídese en catro familias:
- Familia Cyematidae
- Familia Eurypharyngidae
- Familia Monognathidae
- Familia Saccopharyngidae
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Sacofarinxiformes |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Sacofarinxiformes |