Sacas de presos

situacións de violencia ocurridas nos cárceres de diversas partes de España principalmente durante a Guerra Civil (1963-1939)

As sacas de presos —coñecidas no argot da época como «sacas»— son situacións de violencia ocorridas en diversos cárceres de España principalmente durante a Guerra Civil española (1936-1939), aínda que tiveron continuidade durante os primeiros anos da ditadura de Francisco Franco.[1]

O procedemento consistía na extracción masiva e sistemática de presos dos cárceres co obxecto de seren executados. As vítimas eran sacadas segundo criterios militares, relixiosos ou de status social, entre outros. Estes sucesos foron dos máis controvertidos e polémicos da guerra civil española, e tiveron lugar en ambos bandos[2][3] principalmente a finais de 1936. Foi unha das formas de violencia empregadas durante a contenda, como o foron os paseos e as checas.[4] O precedente foi sen dúbida a xenerosa aplicación do asasinato paralegal sen hábeas corpus na forma chamada «lei de fugas».

Ver tamén

editar
  1. Cervera Gil, Javier (2006). Madrid en guerra: la ciudad clandestina, 1936-1939 (en castelán). Madrid: Alianza Editorial. pp. 88–110. ISBN 9788420647319. 
  2. Vega Sombría, Santiago (2005). De la esperanza a la persecución: la represión franquista en la provincia de Segovia (en castelán). Barcelona: Crítica. p. 99. ISBN 9788484326120. 
  3. Hernández Holgado, Fernando (2003). Mujeres encarceladas. La prisión de Ventas: de la República al franquismo, 1931-1941 (en castelán). Madrid: Marcial Pons Historia. ISBN 9788495379641. 
  4. Juliá, Santos (2006). Víctimas de la guerra civil (en castelán). Madrid: Ediciones Temas de Hoy. ISBN 84-8460-476-4.