Sacaúntos

personaxe "asustanenos"

O Sacaúntos é un personaxe "asustanenos", igual có home do saco, un personaxe grande e mal vestido. Ás veces tamén se lle chama o papón, en alusión a que pode papar a alguén, especialmente os nenos.

Ilustración representando o Sacaúntos, segundo unha intelixencia artificial.

O Sacaúntos, de ollar terrible, dedícase a sacarlle a graxa aos nenos pequenos ata deixalos nos ósos. Unha vez ten o unto marcha para o bosque onde o come para volverse forte e vigoroso coma os nenos. Segundo outros, desta forma saca cartos ao vendérllela ós vellos, para cambiar o seu sangue por outro máis novo.

A orixe do personaxe pode talvez ser medieval, polos casos de antropofaxia que se deron nas grandes fames.

Alcumouse sacaúntos a Manuel Blanco Romasanta, tamén alcumado o lobishome de Allariz, un asasino en serie que actuou entre 1833 e 1852.

Etimoloxía: do gótico saka ("preito, extraer, sacar") e do latín unctum ("aceite, ungüento, manxar").