Sabuguido, Vilariño de Conso

parroquia civil do concello de Vilariño de Conso

Santa María de Sabuguido é unha parroquia do concello de Vilariño de Conso na comarca de Viana, na provincia de Ourense. Segundo o INE en 2008 tiña 144 habitantes (79 homes e 65 mulleres), 24 menos ca en 2000. Abrangue catro núcleos de poboación: Sabuguido, Soutogrande, Entrecinsa e Soutelo.

Sabuguido
Igrexa parroquial
ConcelloVilariño de Conso[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°08′44″N 7°11′55″O / 42.145638888889, -7.1986388888889
Poboación98 hab. (2017)
Entidades de poboación4[1]
editar datos en Wikidata ]
Casa de 1631 en Sabuguido, coa inscrición Noli me tangere.

Patrimonio histórico

editar

Na parroquia conta cun abundante, rico e variado patrimonio histórico-artístico, etnográfíco e arqueolóxico.

  • Castro de Sabugido.
  • Pazos de Entrecinsa e Soutogrande.
  • Igrexa de Santa María de Sabuguido.
  • Casa reitoral, e capela anexa.
  • Capelas de San Miguel en Entrecinsa (pertence ó pazo de Entrecinsa), de San Roque en Soutelo e de Santa Bárbara en Soutogrande.
  • Casas de 1631 e 1769 en Sabuguido, e de 1763 e 1908 en Entrecinsa. Outras tres casas antigas en Sabuguido.
  • Conxunto de eiras de Entrecinsa, Sabuguido, Soutogrande e Soutelo.
  • Dous muíños no Pisón (Entrecinsa), cinco muíños en Sabuguido (dous deles privados), dous muíños en Soutogrande no lugar dos Muíños (un privado e outro comunal) no río Conso, un muíño á entrada de Soutogrande e o muíño de Soutelo.
  • Fornos comunais de Entrecinsa, Sabuguido, Soutogrande e Soutelo. Fornos privados en Sabuguido e Soutelo.
  • Forxas de Entrecinsa, Sabuguido, Soutogrande e Soutelo.
  • Tear de Sabuguido.
  • Alvariza de Entrecinsa.
  • Pombal de Soutogrande.
  • Fonte de 1776 en Sabuguido e de 1812 en Entrecinsa.
  • Cruz do cemiterio vello da igrexa de Sabuguido.
  • Castiñeiro de Soutogrande, declarada árbore senlleira.

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Sabuguido

editar
Lugares da parroquia de Sabuguido no concello de Vilariño de Conso (Ourense)

Entrecinsa | Sabuguido | Soutelo | Soutogrande

Parroquias de Vilariño de Conso

editar
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Vilariño de Conso

Castiñeira (San Lourenzo) | Chaguazoso (San Bernabé) | Conso (Santiago) | Mormentelos (Nosa Señora da O) | Pradoalbar (Santo André) | Sabuguido (Santa María) | San Cristovo (San Cristovo) | San Mamede de Hedrada (San Mamede) | Veigas de Camba | Vilariño de Conso (San Martiño)


Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar