Enrique Peinador Vela
Sabino Enrique Peinador Vela, nado en Pontevedra o 7 de outubro de 1847 e finado en Mondariz-Balneario o 6 de outubro 1917 foi un médico e empresario galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de outubro de 1847 Pontevedra, España |
Morte | 6 de outubro de 1917 (69 anos) Mondariz-Balneario, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | médico , emprendedor |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Fillos | Enrique Peinador |
Irmáns | Ramón Peinador |
Traxectoria
editarEn 1869 licenciouse en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, establecéndose en Pontevedra e dedicándose ao estudo dos centros hidrolóxicos da provincia. En 1871 foi nomeado director do Balneario de Caldelas de Tui. En 1872 descubriu o manancial da Gándara, en Mondariz-Balneario, e ao ano seguinte comezou a explotalo. Coa axuda de seu irmán, Ramón Peinador Vela, obtivo a fonte de Troncoso, aínda que mantiveron un conflito co concello ata 1905, e comezaron a explotar as augas co nome de "Aguas de Mondariz. Establecimiento minero-medicinal de los Señores Hijos de Peinador". En 1873 as augas foron declaradas de utilidade pública. En 1879 abriu a primeira casa de baños e en 1898 inaugurou o Gran Hotel de Mondariz, que se converteu nun centro medicinal, cultural e artístico. Exerceu como xerente do balneario ata 1906, en que o relevou o seu fillo Enrique Peinador Lines.
Proxectou un tranvía entre Mondariz e Vigo para unir o balneario coa estación de ferrocarril e con Madrid, pero só funcionou no traxecto Vigo-O Porriño. Posuía unha imprenta na que se editaron numerosas publicacións. Foi vogal da Cámara de Comercio de Vigo.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Enrique Peinador Vela |
Bibliografía
editar- Domínguez Castro, Luis; Quintana, Xosé Ramón (2006). "A fortuna que xurdiu das augas" (PDF). En CIEF Centro de Investigación Económica e Financeira; Fundación Caixa Galicia. Empresarios de Galicia. pp. 184–203. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de marzo de 2016. Consultado o 06 de marzo de 2016.
- Gónzalez Pérez, Clodio: "Peinador Vela, Sabino Enrique" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Fontes de Gándara e TroncosoArquivado 03 de agosto de 2014 en Wayback Machine. Concello de Mondariz Balneario.