Sabela Álvarez Núñez
escritora e tradutora galega
Sabela Álvarez Núñez, nada en Lugo en 1954, é unha escritora galega e tradutora do castelán ao galego de literatura infantil.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1954 (69/70 anos) Lugo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | tradutora , escritora |
Lingua | Lingua galega |
Traxectoria
editarÉ licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesora de Lingua e Literatura Galegas. Pertenceu ao Colectivo de Feministas Independentes Galegas (FIGA) ata 1994 e foi unha das promotoras da sús revista Festa da Palabra Silenciada.
Obras
editarLiteratura infanto-xuvenil
editar- O rei da nada e outros contos, 1988, Xerais.
- A nena invisible, 1989.
- Cinsenta non quixo ser princesa, 1991.
- A nena invisible. Nubes brancas, 1991.
- Do dereito e do revés, 1994.
- Adiviñas de papel, 1999.
- Adiviñas para xogar, 2000.
Obras colectivas
editar- Palabras con fondo, 2001, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
Premios
editar- 1º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1979, por O rei de nada.
- 2º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1980, por A cova da serpe.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Álvarez Núñez, Sabela". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo.