Sabas Catá

xornalista español
(Redirección desde «Sabas B. Catá»)

Bartolo Sabas Nicolás Catá Abalde, nado en Marín e finado en Cuba en 1916, foi un xornalista galego.

Infotaula de personaSabas Catá
Biografía
NacementoMarín, España Editar o valor em Wikidata
Morte1916 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Republicano e anticlerical. Emigrou moi novo a Cuba. En 1879, dende a sociedade La Festival intentou fundar un banco de xiro e depósitos para os envíos do diñeiro emigrante. Partidario da independencia da illa, escribiu o folleto autonomista Verdades amargas (1895). Regresou a Marín e fundou en 1897 El Eco de Marín, no que comezaron a colaborar Víctor Said Armesto, Julio Camba e Joaquín Pesqueira. Foi excomungado e publicou en 1900 El Eco Marinense, que foi suspendido dous anos despois. Acosado polo cerco católico e caciquil, sacou El Marinense en 1902, que pechou por denuncia das autoridades civís. Foi correspondente en Marín de Noticiero de Vigo. En 1909 editou Nuevo Marín, que pasou a denominarse El Eco de Marín dende 1912. O periódico custoulle a ruína, pois por orde do alcalde embargáronlle todos os bens. En 1914, despois dunha dura polémica coa prensa caciquil, desapareceu definitivamente. Regresou de novo a Cuba, onde morreu.

Obras editar