STS-111

misión do transbordador espacial Endeavour

STS-111 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 5 de xuño de 2002 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

STS-111
Lanzamento da misión STS-111
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento5 de xuño de 2002, 21:22 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión13,86 días[6]
Obxectivo da misiónMontaxe, reparación e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6]
Regreso19 de xuño de 2002[6]
NSSDC ID2002-028A

Características editar

STS-111, con sete astronautas a bordo, foi unha misión para continuar construíndo a Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante Kenneth Cockrell, o piloto Paul Lockhart e os especialistas de misión Franklin Chang-Díaz e Philippe Perrin. Chang-Diaz igualou neste voo o récord de ter viaxado ao espazo sete veces, conseguido en primeiro lugar por Jerry L. Ross na misión STS-110.[3][5][6][7]

O transbordador acoplouse á estación ás 16:25 UTC do 7 de xuño e deixou aos astronautas da Expedición 5 na estación e trouxo de volta a terra á Expedición 4. Levou tamén subministracións no módulo Leonardo, que foi acoplado ao módulo Unity o 8 de xuño, e experimentos cara a estación, así como o MBS (Mobile Base System), o sistema que permite moverse ao brazo robótico Canadarm2 desprazarse ao longo da estación. Durante a misión a tripulación reparou un xiroscopio avariado e instalou proteccións antimeteoritos no módulo Zvezda.[3][5][6][7]

O transbordador volveu a terra na Base Edwards da Forza Aérea en California, o 19 de xuño de 2002.[3][5][6]

Notas editar

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 111" (en inglés). Consultado o 10 de xaneiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 16 September 2002 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (02-58657(E)). 9 de outubro de 2002: 5. Consultado o 10 de xaneiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 111" (en inglés). Consultado o 10 de xaneiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-111 / ISS UF-2" (en inglés). Consultado o 10 de xaneiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 10 de xaneiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "STS-111" (en inglés). Consultado o 10 de xaneiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 NASA (16 de febreiro de 2010). "STS-111" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2018. Consultado o 30 de outubro de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar