SLDCOM
SLDCOM (Satellite Launch Dispenser Communications) foi unha serie de satélites artificiais de comunicacións dos Estados Unidos[1][2]
Características editar
Os satélites SLDCOM eran realmente a estrutura dos dispensadores dos foguetes Titan IV para os satélites NOSS 2 (denominada tecnicamente TLD, Titan Launch Dispenser) cunha electrónica de comunicacións por UHF. Despois de liberar os satélites NOSS 2, os SLDCOM manobraba ata chegar a unha órbita de 1100 km de perixeo e 9000 km de apoxeo, cunha inclinación orbital de 64,3°. A axencia responsable dos SLDCOM era a Oficina Nacional de Recoñecemento (NRO). Lanzáronse catro, dos cales tres chegaron a órbita con éxito, formando unha constelación que daba cobertura case continua ao hemisferio norte para dar soporte a servizos militares e gobernamentais.[1][2]
Historial de lanzamentos editar
Misión[1][2] | Data de lanzamento[1][2] | Foguete lanzador[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|
SLDCOM 1 | 8 de xuño de 1990 | Titan IV | Éxito |
SLDCOM 2 | 8 de novembro de 1991 | Titan IV | Éxito |
SLDCOM 3 | 2 de agosto de 1993 | Titan IV | Fallo |
SLDCOM 4 | 12 de maio de 1996 | Titan IV | Éxito |