Sistema de Información Territorial de Galicia
O Sistema de Información Territorial de Galicia (SITGA), é un organismo da Xunta de Galicia, dependente da consellería de Política Territorial. Encárgase da creación e xestión de cartografía do país.
Descrición
editarO SITGA é un dos departamentos da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, xurdido como resposta ás necesidades de información durante a elaboración do "Plan de Desenvolvemento Comarcal de Galicia" (PDC). Está centrado na recompilación e tratamento de información do territorio galego, así como na produción cartográfica.
Organízase en torno a un sistema de información xeográfica capaz de integrar múltiples tipos de datos, o que converte o SITGA nunha ferramenta moi versátil, responsábel fundamentalmente da xeración de cartografía básica e temática a escala local, comarcal e nacional. A temática comprendida abrangue dende información demográfica e socioeconómica, até a do medio físico e a ambiental, ademais de equipamentos e infraestruturas.
Sede
editarTen a súa sede no lugar de Lamas de Laraño, en Santiago de Compostela.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Xeoportal
- Cartografía de Galicia Arquivado 09 de xuño de 2008 en Wayback Machine.