Os computadores SIMD Single instruction, multiple data, son máquinas onde todos os seus procesadores executan o mesmo conxunto de instrucións sobre diferentes datos (o que se coñece como modelo de computación de grao fino e independencia de datos [1]) fronte as máquinas MIMD onde todos os procesadores executan diferentes conxuntos de instrucións sobre distintos conxuntos de datos (modelo de computación de grao groso e dependencia de datos).

Exemplo de ordenador SIMD.

Características editar

SIMD (Single instruction múltiple data) permite efectuar varias operacións de cálculo cunha soa instrución. Aos procesadores baseados nesta arquitectura, coñéceselles como procesadores matriciais. Esta arquitectura nace debido á necesidade de aplicar repetidamente unha mesma operación en grupos de datos diferentes coma, mostras contiguas de son, matrices de vídeo, etc... Cada procesador segue o mesmo conxunto de instrucións; diferentes elementos de información son asignados a cada procesador. Utilizan memoria distribuída. Típicamente teñen miles de procesadores simples e adoitan ser moi utilizadas en redes neuronais.

As computadoras SIMD teñen unha soa unidade de control e múltiples unidades funcionais. A unidade de control encárgase de enviar a mesma instrución a todas as unidades funcionais. Cada unidade funcional traballa sobre datos diferentes. Estes equipos son de propósito específico, é dicir, son apropiados para certas aplicacións particulares, como por exemplo o procesamento de imaxes.

Os procesadores SIMD especialízanse en problemas numéricos que poden expresarse como matrices ou vectores. Cada unidade de procesamento consta dunha ALU e rexistros, utilízanse para computar un elemento do resultado ( a técnica coñecida coma front-end von Neumann, máis un array de procesadores idénticos que realizan a mesma instrución).

Un exemplo de procesador SIMD é o procesador Pentium MMX, o cal introduciu na arquitectura IA32 un set de recursos para o tratamento de sinais. Un segundo, as placas TDA2X de Texas Instruments empregadas embebidas en proxectos de ADAS e na condución autónoma.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

  1. "Computadores paralelos y evaluación de prestaciones"(en castelán)