SECOR (acrónimo de Sequential Collation of Range) ou EGRS (Electronic & Geodetic Ranging Satellite) foi o nome dunha serie de satélites xeodésicos para determinar puntos sobre a superficie terrestre con gran precisión.[1][2][3]

Un satélite SECOR Tipo II.

Características editar

Os satélites SECOR foron usados durante os anos 1960 para formar unha constelación coa que determinar a posición de puntos sobre a superficie terrestre con gran precisión ó longo de grandes distancias. O sistema completo consistía nos satélites e varias estacións en terra, algunhas delas nos sitios dos que se quería determinar a posición. Desde tres estacións con posicións coñecidas se enviaban sinais de radio aos satélites, que as devolvían, determinándose a súa posición no espazo con precisión. Coñecendo estas posicións, a posición da estación problema podía calcularse matematicamente mediante os sinais entre a estación e os satélites. Construíronse dous tipos de satélites SECOR, os tipos I e II.[1][2][3]

SECOR Tipo I editar

Os SECOR Tipo I eran satélites en forma de esfera de 50,8 cm de diámetro e nove antenas sobresaíndo. Estaban deseñados para ser sinxelos e tiñan un tempo estimado de vida en órbita dun ano. A súa superficie era de aluminio pulido cunha fina capa de monóxido de silicio para axudar como regulador térmico. A alimentación eléctrica corría a cargo de seis pequenos paneis solares de 20 cm de diámetro equidistantes na superficie do satélite. Tan só se lanzaron dous satélites do tipo I.[1][3]

SECOR Tipo II editar

Os SECOR Tipo II tiñan forma de caixa e eran máis compactos que os Tipo I, cunhas dimensións de 25,2 x 29,8 x 34,9 cm. Tiñan unha masa duns 18 kg e a súa superficie estaba case toda cuberta por células solares. Tiñan tamén nove antenas e estaban pensados para poder ser lanzados como carga secundaria e máis barata. Estaban construídos principalmente en aluminio e lanzáronse 13, fallando 3.[1][2][3]

Historial de lanzamentos editar

Misión[1][2][3] Data de lanzamento[1][2][3] Foguete lanzador[1][2][3] Notas[1][2][3]
SECOR 1 24 de xaneiro de 1962 Thor-DM21 Able-Star Éxito (Tipo I)
SECOR 1 11 de xaneiro de 1964 Thor-SLV2A Agena-D Éxito (Tipo II)
SECOR 3 9 de marzo de 1965 Thor-DM21 Agena-D Éxito (Tipo II)
SECOR 2 11 de marzo de 1995 Thor-DSV2A Able-Star Fallo parcial (Tipo II)
SECOR 4 3 de abril de 1965 Atlas-SLV3 Agena-D Éxito
SECOR 5 10 de agosto de 1965 Scout B Éxito (Tipo I)
SECOR 6 9 de xuño de 1966 Atlas-SLV3 Agena-D Éxito (Tipo II)
SECOR 7 19 de agosto de 1966 Atlas-SLV3 Agena-D Éxito (Tipo II)
SECOR 8 5 de outubro de 1966 Atlas-SLV3 Agena-D Éxito (Tipo II)
SECOR 9 29 de xuño de 1967 Thor Burner Éxito (Tipo II)
SECOR 10 18 de maio de 1968 Thorad-SLV2G Agena-D Fallo (Tipo II)
SECOR 11 16 de agosto de 1968 Atlas-SLV3 Burner-2 Fallo (Tipo II)
SECOR 12 16 de agosto de 1968 Atlas-SLV3 Burner-2 Fallo (Tipo II)
SECOR 13 14 de abril de 1969 Thorad-SLV2G Agena-D Éxito (Tipo II)

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Mark Wade (2023). "SECOR" (en inglés). Consultado o 3 de decembro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "SECOR 1, 2, 3, 4, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13 (EGRS 1, 2, 3, 4, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13)" (en inglés). Consultado o 3 de decembro de 2023. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "SECOR (1), 5 (EGRS (1), 5)" (en inglés). Consultado o 3 de decembro de 2023. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar