Abrir o menú principal

O SEAT 132 é un modelo de automóbil de turismo familiar, producido polo fabricante español SEAT entre os anos 1973 e 1980, con licenza da empresa Fiat. O modelo 132 foi o sucesor do SEAT 1500, e pertence ó segmento de vehículos con motor dianteiro, tracción traseira e 4 portas.

SEAT 132
Seat 132 Madrid.jpg
FabricanteEspaña SEAT
Produción1973-1980
PredecesorSEAT 1500
SucesorSEAT Toledo (En 1991)
Motor1592 cc gasolina
1756 cc gasolina
1920 cc gasolina
1988 cc diésel
2197 cc diésel
Potencia98, 107, 109, 55 e 60 CV
Lonxitude4'392 m
Anchura1'640 m
Altura1'435 m

Durante os anos 70 foi o mellor modelo da marca por prestacións, equipamento e motores. Contou con 5 motorizacións, 3 de gasolina e 2 diésel, que ofrecían un rango de potencias dende os 55 ós 109 CV.

O SEAT 132 deixou de ser fabricado en 1980 cando SEAT e Fiat romperon a súa tradicional colaboración. Este modelo non tivo un substituto directo.

Do SEAT 132 producíronse 108.725 unidades.

Véxase taménEditar