Sociedade Deportiva Xuvenil de Ponteareas
A Sociedade Deportiva Xuvenil de Ponteareas é un club de fútbol galego con sede en Ponteareas, que milita na Preferente Galicia. Fundado en 1970, viste camiseta con raias verticais vermellas e brancas e pantalón negro.
Xuvenil de Ponteareas | |
---|---|
Nome | Sociedade Deportiva Xuvenil de Ponteareas |
Fundación | 1970 |
Estadio | Pardellas, Ponteareas |
Presidente | ![]() |
Adestrador | ![]() |
Liga | Preferente Galicia |
2021/22 | 15º |
HistoriaEditar
A primeira SD Xuvenil foi fundada o 17 de maio de 1950 por cinco mozos que decidiron montar un club deportivo con varias disciplinas, entre as que destacaban o fútbol, o atletismo e o hóckey a patíns. A palabra "Xuvenil" do nome débese á idade dos fundadores do club, todos menores de 20 anos.[1] O club militou principalmente na Serie A e disputou catro tempadas consecutivas da Terceira División entre 1956 e 1959.[2] Disolveuse en 1964.
O actual club fundouse en 1970, co nome de Club Puenteareas, recuperando o nome do club orixinal ao ano seguinte. Foi ascendendo polas diferentes categorías do fútbol galego e na tempada 1987/88 conseguiu o seu primeiro ascenso á Terceira División. Na súa primeira campaña na categoría estivo preto de lograr o ascenso a Segunda B, acabando subcampión do Grupo I, só por detrás do Xuventude de Cambados.
CampoEditar
O equipo xoga os seus partidos na casa no Campo de Fútbol Municipal de Pardellas.
Datos do clubEditar
- Tempadas en Primeira División: 0
- Tempadas en Segunda División: 0
- Tempadas en Primeira División RFEF: 0
- Tempadas en Segunda División RFEF: 0
- Tempadas en Terceira División RFEF: 3
Historial en ligaEditar
|
|
|
NotasEditar
- ↑ "S.D. Juvenil de Ponteareas, una historia de éxito". Atlántico Diario (en castelán). 1 de febreiro de 2009. p. 43.
- ↑ "Sociedad Deportiva Juvenil de Puenteareas". futbol-regional.es (en castelán). Consultado o 10 de outubro de 2022.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Datos do club en futbol-regional.es (en castelán).