Səbinə Əliyeva

Səbinə Yaşar qızı Əliyeva, nada o 7 de maio de 1980 en Bakú é unha xurista azarí, valedora de Acerbaixán.

Səbinə Əliyeva
Nacemento7 de maio de 1980
Lugar de nacementoBakú
NacionalidadeAcerbaixán
Alma máterUniversidade Estatal de Bakú
Ocupaciónxurista
Paisen etiquetar
NaiRena Aliyeva
CónxuxeSiyavush Novruzov
PremiosMedal "For Distinction in Public Service"
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Filla do médico e político Yaşar Əliyev e da dentista pedriática Rəna Əliyeva[1]. Estudou dereito na Universidade Estatal de Bakú entre 1996 e 2000 e tras graduarse entrou a traballar no Tribunal Constitucional e asemade realizou estudos de posgrao en dereito público na súa alma máter. Entre 2009 e 2012 realizou estudos de relacións internacionais na Academia da Administración Pública de Acerbaixán. En 2016 doutorouse[2] cunha tese sobre relacións internacionais e dereitos humanos. O 29 de novembro de 2019 a Asemblea Nacional elixiuna Comisionada para os Dereitos Humanos (valedora) de Acerbaixán entre os tres candidatos que presentara o presidente da República de Acerbaixán.

Notas editar