Síndico de Arán

(Redirección desde «Síndic d'Aran»)

O Síndico de Arán (en aranés: Sindic d'Aran) é o xefe da administración propia do Val de Arán, en Cataluña, creado por mor da lei 16/1990 de 13 de xullo, sobre o Réxime Especial do Val de Arán. Convoca e preside o Consello Xeral de Arán (en aranés: Conselh Generau dera Val d'Aran), ten a representación legal e exerce todas as atribucións que o pleno lle delega e que non corresponden a este último. É o presidente nato de todos os órganos colexiados e das sociedades e empresas dependentes do Consello.

Competencias editar

  • Representar ao Consello Xeral.
  • Convocar as sesións do Consello Xeral e fixar a orde do día, na que se ha de incluír os informes da Comisión de Oíntes de Contas e, se é necesario, as propostas dos órganos competentes.
  • Presidir as sesións do Consello, moderar os debates e dirimir os empates con voto de calidade.
  • Delegar as súas funcións nos Conselleiros cando o crea pertinente.
  • Exercer a dirección superior do persoal.
  • Presidir poxas e concursos.
  • Ordenar os pagos.
  • Impulsar e supervisar a actividade dos diferentes órganos do Consello e dos servizos da súa competencia.
  • Velar polo cumprimento das leis e os regulamentos no territorio do Val de Arán.
  • Exercer accións xudiciais e administrativas en caso de urxencia.
  • Ordenar a publicación de acordos do Consello Xeral.
  • As que lle atribúan as Leis ou as que expresamente lle delegue o Pleno do Consello Xeral.
  • Calquera outra que non estea reservada ao Pleno Xeral.

Elección editar

O síndico é elixido os Conselleiros Xerais, entre eles, na sesión constitutiva do Consello Xeral. Para ser elixido Síndico, o candidato ten que obter a maioría absoluta na primeira votación ou a maioría simple na segunda. En caso de empate, procédese a unha terceira votación e se nesta se repite o empate é elixido o candidato do partido, a coalición, federación ou agrupación que obtivese máis Conselleiros Xerais. Se persiste o empate, elíxese o candidato do grupo que máis votos obtivese no conxunto do Val de Arán.

Síndicos editar

Nome Inicio Fin Partido
1. Maria Pilar Busquets i Medan 17 de xuño de 1991 12 de xullo de 1993 CDA-CiU
2. Amparo Serrano Iglesias 12 de xullo de 1993 7 de xuño de 1995 UDA
3. Carlos Barrera Sánchez 7 de xuño de 1995 18 de xuño de 2007 CDA-CiU
4. Paco Boya i Alós 18 de xuño de 2007 18 de xuño de 2011 UA-PSC
5. Carlos Barrera Sánchez 18 de xuño de 2011 18 de xuño de 2019 CDA-CiU
6. Paco Boya i Alós 18 de xuño de 2019 29 de outubro de 2020 UA-PSC
7. Maria Vergés Pérez 29 de outubro de 2020 actualidade UA-PSC