Símbolo nacional

(Redirección desde «Símbolos nacionais»)

Un símbolo nacional é un símbolo dunha entidade que se considera e se manifesta ante o mundo como unha comunidade nacional: estados soberanos mais tamén nacións e países en estado de dependencia colonial ou doutro tipo, integración federal ou mesmo comunidades etnoculturais consideradas "nacionalidade" aínda que non teñan autonomía política.[1]

Bandeira nacional da India
O monte Kriváň, símbolo non oficial de Eslovaquia

Os símbolos nacionais pretenden unir o pobo creando representacións visuais, verbais ou icónicas do pobo, dos valores, dos obxectivos ou da historia nacionais. Estes símbolos adoitan reunirse como parte de celebracións de patriotismo ou nacionalismo e están deseñados para ser inclusivos e representativos de todas as persoas da comunidade nacional.

Símbolos nacionais oficiais editar

Os símbolos oficiais máis habituais son:

Símbolos non oficiais editar

En moitos sentidos, os lugares coñecidos dun país tamén poden verse como símbolos nacionais, así como os artigos tradicionais de artesanía, os traxes populares, os monumentos naturais, as epopeas e os mitos nacionais, así como símbolos utilizados polas seleccións deportivas nacionais e os seus seareiros.

Notas editar

  1. "England's National Symbols". england.org.za. Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2012. Consultado o 18 de setembro de 2012. National symbols are defined as the symbols or icons of a national community (such as England), used to represent that community in a way that unites its people.