Sérgio Godinho

músico portugués

Sérgio Godinho é un poeta, compositor e intérprete de cancións portugués.

Sérgio Godinho
Sérgio Godinho Cosmopolite (212359).jpg
Nacemento31 de agosto de 1945
 Porto
NacionalidadePortugal
Ocupaciónpoeta, compositor, cantante, guionista e compositor de cancións
PremiosOficial da Ordem da Liberdade
editar datos en Wikidata ]

BiografiaEditar

Nado en 1945 no Porto, e con máis de 30 anos de carreira, Sérgio Godinho é un dos grandes nomes da música portuguesa, caracterizado tamén pola súa figura polifacética que o fixo participar tamén en series de televisión, cinema, e mesmo teatro, tanto como dramaturgo, músico e realizador.

Aos 20 anos sae de Portugal, para fuxir do recrutamento forzoso para a guerra colonial na África. Permanece 9 anos afastado do país. A súa estadía máis demorada será en París, onde integra durante dous anos o elenco do musical “Hair” e comeza a facer as súas primeiras músicas, tomando contacto con outros músicos portugueses no exilio, como José Mário Branco, José Afonso e Luís Cília. Pasou parte do exilio tamén en Ámsterdam, Brasil e Vancouver.

En 1971 colabora no primeiro álbum en solitario de José Mário Branco, Mudam-se os tempos mudam-se as vontades, e gravando nese mesmo ano na Francia o seu propio primeiro LP en solitario Os sobreviventes. Aíndo do exilio data a gravación Pré-histórias (1972). Aínda que constantemente censurados, estes álbums conseguiron alcanzar a popularidade entre o público portugués no ano seguinte, chegando a ser mesmo premiado pola prensa como “Autor do ano” e Os Sobreviventes como “Disco do ano”.

Xa no Canadá, casou con Shila, compañeira na compañía de teatro The Living Theatre, estabelecéndose nunha comunidade hippie en Vancouver. Alí recibirá a nova da revolución do 25 de abril, que o leva a regresar a Portugal. Xa en terras lusitanas, edita o álbum À queima-roupa (1974) cun enorme éxito, e percorre o país actuando en manifestacións populares.

Desde entón até hoxe a súa carreira continúa, sendo autor de algunhas das cancións máis aclamadas da historia da música portuguesa[Cómpre referencia], como "É terça-feira" e "Com um brilhozinho nos olhos".

DiscografíaEditar

Álbums orixinaisEditar

Álbums ao vivoEditar

RecompilaciónsEditar

Bandas sonorasEditar

EPsEditar

SinxelosEditar

  • Na Boca do lobo (Guilda da Música/Sassetti) (1975)
  • Liberdade (Guilda da Música/Sassetti) (1975)
  • Nós por cá todos bem (1977)

ColaboraciónsEditar

DVDEditar

LibrosEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar