Sándor Petőfi

poeta e liberal húngaro
(Redirección desde «Sándor Petöfi»)

Sándor Petőfi, nado en Kiskőrös o 1 de xaneiro de 1823 e finado posibelmente en Segesvár (hoxe Sighişoara, Romanía) o 31 de xullo de 1849, é o poeta nacional húngaro. Foi ademais unha figura chave na Revolución húngara de 1848, contra os Habsburgo. O seu verdadeiro nome era Alexander Petrovics, e a orde, segundo o costume húngaro, do seu nome é Petőfi Sándor.

Sándor Petőfi
Nome completoAlexander Petrovič
AlcumeRónai Sándor e Andor deák
Nacemento1 de xaneiro de 1823 e 31 de decembro de 1822
Lugar de nacementoKiskőrös e Nagykőrös
Falecemento31 de xullo de 1849
Lugar de falecementoAlbești (Mureș)
Causamorto en combate
NacionalidadeHungría
EtniaMaxiar
Relixiónluteranismo
Alma máterFasori Gimnázium, Piarist Gymnasium of Budapest e Pápai Református Kollegium
Ocupaciónpoeta, tradutor, actor e escritor
NaiMária Hrúzová
CónxuxeJúlia Szendrey
FillosZoltán Petőfi
IrmánsIstván Petőfi
Coñecido porsen etiquetar, sen etiquetar, János Vitéz, sen etiquetar e Nemzeti dal
Na rede
Musicbrainz: 59a209a6-91c7-43c7-9acb-2bb9442bab24 Discogs: 2373754 IMSLP: Category:Petőfi,_Sándor WikiTree: Petőfi-2 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Sándor Petőfi

Traxectoria Editar

O seu pai Stevan Petrović (en húngaro István Petrovics) era de lingua materna húngara (aínda que era de ascendencia serbia), e a súa nai Mária Hrúzová era de lingua materna eslovaca.

Petöfi adquiriu unha forte e saliente consciencia húngara, converténdose no xefe espiritual de grupos radicais revolucionarios que arelaban unha Hungría libre con total independencia da monarquía dos Habsburgo. Xuntouse ao "Exército transilvano" do xeneral revolucionario polaco Józef Bem, combatendo en sucesivas campañas contra as tropas dos Habsburgo en Romanía e Transilvania, mais o exército sería derrotado sucesivamente cando tropas imperiais rusas interviron a prol dos austríacos. Foi visto vivo por última vez na batalla de Segesvár (Sighişoara), librada o 31 de xullo de 1849. Cóidase que morreu ese mesmo día.

Escribiu unha parte da máis grande poesía nacional maxiar.

Velaí unha mostra do seu poema Nemzeti Dal (Canto nacional), titulado En pé húngaros en tradución literal:

Polo Deus dos húngaros
Nós xuramos,
Nós xuramos,
Non sermos escravos
Nunca xamais !

Petőfi en Galiza Editar

O poeta húngaro foi recordado por Aquilino Iglesia Alvariño nun dos poemas de Nenías, evocando ao tempo o seu lugar de nacemento e morte:

Hasta Kioskörös mismo chegaban os carreiriños de herba verde
(...)
Ai, Petöfi, Petöfi, doce poeta dos adioses para sempre!
Como revoaban as capas dos cosacos en Segosvar!

Tamén Álvaro Cunqueiro lle adicou o poema "Na véspera", centrado no momento da súa morte e que remata cos versos:

E xa se segara en Segesvar.
A chaira parecía que xa se ancheara
pra que nela coubera a batalla,
toda a batalla cos seus mortos.

Obra Editar

  • Versek (1844)
  • A helység kalapácsa (1844)
  • Cipruslombok Etelke sírjáról (1845)
  • János Vitéz (1845)
  • Versek II (1845)
  • Úti jegyzetek (1845)
  • A hóhér kötele (1846)
  • Felhők (1846)
  • Versei (1846)
  • Tigris és hiéna (1847)
  • Összes költeményei (1847)
  • Bolond Istók (1847)
  • Nemzeti Dal (1848)
  • Az apostol (1848)