Sándor Márai

escritor húngaro

Sándor Károly Henrik Grosschmid de Mára, nado en Kassa (Reino de Hungría, actualmente Eslovaquia) o 11 de abril de 1900 e finado en San Diego o 21 de febreiro de 1989, foi un escritor e xornalista húngaro. Coñecido como Sándor Márai (|ˈʃaːndor ˈmaːrɒi|) e antigamente en inglés como Alexander Márai.[1]

Sándor Márai
Nome completoGrosschmid Sándor Károly Henrik
Nacemento11 de abril de 1900
Lugar de nacementoKošice
Falecemento21 de febreiro de 1989 e 22 de febreiro de 1989
Lugar de falecementoSan Diego, California
Causadisparo na cabeza
NacionalidadeHungría
Alma máterUniversidade de Leipzig e Universidade Eötvös Loránd
Ocupaciónxornalista, poeta, tradutor, novelista, guionista e xornalista de opinión
PaiGéza Grosschmid
CónxuxeIlona Matzner
IrmánsGéza von Radványi
Coñecido porAs Velas Ardem Até ao Fim e Rebeldes
PremiosPrémio Kossuth e Hungarian Heritage Award
Na rede
IMDB: nm0617252 Allocine: 79955
Discogs: 638505 Find a Grave: 11875222 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Márai naceu en 1900. Polo seu pai, era parente da familia nobre húngara Országh. En 1919 apoiou de xeito entusiasta a República Soviética Húngara e traballou como xornalista. Uniuse aos comunistas converténdose nun dos fundadores do Grupo Activista e Antinacional de Escritores Comunistas. Trala caída da República Soviética, á súa familia pareceulle máis seguro que abandonase o país e continuou os estudos en Leipzig. Márai viviu en Frankfurt, Berlín e París e brevemente considerou escribir en alemán, mais finalmente escolleu a súa lingua nai, o húngaro, para a súa obra. En Egy polgár vallomásai, Márai identifica a lingua materna co propio concepto de nación.[2] Estableceuse en Krisztinaváros, Budapest, en 1928. Na década de 1930 logrou recoñecemento cun estilo realista preciso e claro. Foi quen primeiro escribiu críticas da obra de Franz Kafka.

Escribiu con entusiasmo sobre a primeira e a segunda arbitraxes de Viena, en que como resultado da arbitraxe xermano-italiana, Checoslovaquia e Romanía tivero que devolver parte dos territorios que Hungría perdera no tratado de Trianon. Non obstante, Márai foi moi crítico cos nazis.

Márai escribiu 46 libros. A súa obra de 1942 A gyertyák csonkig égnek ("As candeas arden ata o toco") expresa a nostalxia pola antiga sociedade multiétnica e multicultural do Imperio Austro-Húngaro, reminiscencia das obras de Joseph Roth. En 2006 estreouse en Londres unha adaptación da novela ao escenario escrita por Christopher Hampton.[3]

Tamén lle desagradou o réxime comunista que tomou o poder despois da segunda guerra mundial e marchou (ou foi expulsado) en 1948. Tras vivir un tempo en Italia, Márai estableceuse na cidade de San Diego, nos Estados Unidos. Márai uniuse a Radio Free Europe entre 1951 e 1968.[4] Márai ficou decepcionado de que as potencias occidentais non axudasen a Revolución Húngara de 1956.[5]

Continuou a escribir en húngaro, e non foi publicado en inglés ata mediados da década de 1990. Como outras memorias de escritores e políticos húngaros foi publicado primeiro en occidente, xa que non era posible na era Kádár despois de 1956. Despois da morte da súa esposa en 1986, Márai retirouse aínda máis no illamento. En 1987, vivía cun cancro avanzado e a súa depresión empeorou cando perdou o seu fillo adoptado, John. Acabou coa súa vida[6] dun disparo na cabeza en San Diego en 1989. Sobrevivíronlle tres netas, Lisa, Sarah e Jennifer Márai.

Esquecido largo tempo fóra de Hungría, a súa obra, formada por poemas, novelas e diarios, foi máis tarde "redescuberta" e republicada en múltiples linguas e está considerada parte do canon literario europeo do século XX.

Obras Editar

Notas Editar

  1. Leslie Konnyu: Modern Magyar literature: a literary survey and anthology of the xxth century Hungarian authors -PAGE: 95, Publisher: American Hungarian Review, 1964
  2. Márai, Sándor. "Egy polgár vallomásai." Akadémiai Kiadó, Budapest, 1935.
  3. Billington, Michael (2 de marzo de 2006). "Embers" (en inglés). Guardian Unlimited. Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2008. Consultado o 17 de novembro de 2017. 
  4. "Search | Petőfi Literary Museum". pim.hu. 
  5. "The Life of Sándor Márai". 12 de maio de 2014. Consultado o 17 de novembro de 2017. 
  6. "Sándor Márai". Random House. Consultado o 17 de novembro de 2017. 

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar