A Illa de S'Arenella é unha illa situada na provincia de Xirona (España) Situada no límite Leste da baía de Cadaquès. Ten unha superficie de 2'5 hectáreas e a súa forma é redonda, case completamente de pedra. Toda a metade norte da illa está ocupada por un vello palacete rodeado dun espazo axardinado onde outrora se celebraban grandes festas de fama internacional. Existe un pequeno embarcadoiro xunto a ese casarón, debido á inexistencia de calas que permitan o varado.