Ruth Matilda Anderson

fotógrafa estadounidense

Ruth Matilda Anderson, nada en Cottonwood State Farm, dentro do concello de Cottonwood (Phelps County, Nebrasca), o 8 de setembro de 1893 e finada en Nova York o 20 de maio de 1983[1], foi unha fotógrafa estadounidense. Fixo cinco viaxes por España entre 1923 e 1930, tomando máis de dez mil instantáneas.

Infotaula de personaRuth Matilda Anderson
Biografía
Nacemento8 de setembro de 1893 Editar o valor em Wikidata
valor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Morte20 de maio de 1983 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfotógrafa , escritora Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1182127

Traxectoria

editar

Iniciouse no mundo da fotografía da man do seu pai, Alfred Theodore Anderson, un home de orixe norueguesa quen tiña un estudio en Kearney especializado en vistas e retratos. Pasou un ano na Universidade Estatal de Nebraska en Lincoln, e despois estudou Maxisterio na Escola Estatal do Profesorado de Nebraska, e malia que se graduou en 1915 nunca se adicou ao ensino. Retomou os estudos na Universidade de Nebraska durante un semestre, e despois marchou a Nova York, diplomándose en 1919 na Escola de Fotografía Clarence H. White.

En 1921, cando traballaba como decoradora de interiores, foi contratada por The Hispanic Society of America, recomendada pola propia Clarence White. Alí estivo baixo a supervisión do director, Archer Milton Huntington, actualizando as súas técnicas como fotógrafa e investigadora. Comezou como fotógrafa do museo, e en 1922 foi nomeada conservadora de fotografía.

Levou a cabo cinco viaxes a España na década de 1920: por todo o país do 17 de marzo ao 3 de xullo de 1923; por Galicia e Asturias do 29 de xullo de 1924 ao 28 de agosto de 1925; por Galicia e León do 14 de novembro de 1925 ao 31 de maio de 1926; por Estremadura e Castela do 29 de decembro de 1927 ao 28 de abril de 1928; e por Castela, León e Andalucía do 5 de outubro de 1929 ao 17 de novembro de 1930. En total tomou preto de dez mil imaxes de España nestas viaxes[1].

Logo desta última viaxe centrou a súa carreira no estudo dos traxes típicos españois, publicando varios libros e artigos sobre o tema. Realizou outra derradeira viaxe entre 1948 e 1949, centrándose neste eido. En 1954 foi nomeada conservadora de traxes da Hispanic Society, cargo que ocupou até a súa xubilación.

Aínda que faleceu en 1983 en Nova York, foi enterrada no cemiterio de Kearney, preto da súa localidade natal[1]. No Museum of Nebraska Art (MONA), nesta última cidade citada, non ten ningunha obra que a represente.

Estadía en Galicia

editar

Na súa primeira viaxe por Galicia tomou unhas 5.000 fotografías, moitas das cales aínda permanecen sen positivar, e mercou outras 2.800 a fotógrafos locais. Na segunda viaxe tomou unhas 2.800 fotos. As imaxes adoitan recoller o ámbito rural e os oficios tradicionais[2]. Estivo acompañada polo seu pai, que foi escribindo un diario. Ían cun coche Ford de alugueiro cun chofer francés. Nas fondas onde se hospedaban improvisaban un cuarto escuro para ir revelando algunhas fotos. Na súa estancia na Coruña tomou leccións de lingua castelá e interesouse pola historia de Galicia, lendo a Manuel Murguía, e pola literatura galega, lendo a Rosalía de Castro.[3]

Exposicións

editar
 
Traxes tradicionales de leiteiras, na exposición do Museo de Pontevedra.
 
Mulleres levando cántaras de cerámica ao mercado

En agosto de 2019, a exposición “Una mirada de antaño. Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia" mostrouse na Coruña e en mais de 35 municipios de Galicia. Nun estudo de María Jesús Pena Castro (2020) sobre a representación do pasado de Anderson e a cultura popular contemporánea nos medios dixitais, fixo referencia «a excepcional colección de imaxes sacadas nos anos 20 por diferentes paraxes de Galicia, retratando as nosas xentes, costumes e tradicións, un legado etnogáfico de valor incalculable».​[4] Ademais, foi unha das exposicións mais exitosas organizadas na cidade, ata o punto de que houbo que multiplicar por catro o número inicial de visitas guiadas programadas.

 
Manequíns con chuvasqueiros tradicionales feitos de xuncos

Entre agosto e outubro de 2022, o Museo de Pontevedra acolleu unha exposición temporal duns 75 traxes e artesanías tradicionais, inspirados en mais de 150 fotos de Anderson. Tras cinco anos de investigación por parte da Asociación Etnográfica de Pontevedra, esta exposición presentou unha selección de traxes tradicionais montados en manequíns e outros elementos da vida cotián da súa colección histórica así coma reconstruídos con detalle histórico. Con case 100 anos de antigüidade, as imaxes de Anderson e as escenas recreadas da vida rural mostraban, entre outras, leiteiras reunidas na Rúa Nova ao abrente, mulleres levando cántaras de cerámica ao mercado, artesans vendendo zocas de madeira e persoas con chuvasqueiros tradicionales feitos con xuncos. Publicouse un catálogo adxunto, con todas as fotografías de Anderson, así como os traxes mostradas nesta exposición.[5]

Tamén fixéronse outras exposición das súas fotografías en Asturias e Estremadura.

No Museo Etnográfico de Castilla e León, en Zamora, inagurouse en outubro de 2022 a exposición temporal, En el Viejo Mundo. Zamora, 1926. La expedición fotográfica de Ruth M. Anderson a Zamora .

  • Gallegan Provinces of Spain: Pontevedra and La Coruña. Nova York, The Hispanic Society of America (1939).
  • Spanish Costume: Extremadura. Nova York, The Hispanic Society of America (1951).
  • Costumes Painted by Sorolla in his Provinces of Spain. Nova York, The Hispanic Society of America (1957).
  • Fotografías de Galicia 1924-1926. A Coruña, Centro Galego de Artes da Imaxe - The Hispanic Society of America (1998).
  • Salamanca, 1928-1930. Fotografías de Ruth M. Anderson. Salamanca, Deputación de Salamanca. Textos de Patrick Lenaghan (2002).
  1. 1,0 1,1 1,2 "Ruth Matilda Anderson". Museum of Nebraska Art (en inglés). Consultado o 28-12-2019. Ruth Matilda Anderson died on May 20, 1983 in New York City, and is buried in the Kearney Cemetery in Kearney, Nebraska. 
  2. A viaxe de Ruth Matilda a Galicia, en 30 fotos,en GCiencia.com o 8 de xuño de 2017.
  3. Anderson, Ruth Matilda; Espinosa Fernández, Noemí (2018). Hallazgo de lo ignorado: fotografías de Asturias de Ruth M. Anderson para The Hispanic Society of America, 1925. Oviedo: KRK. ISBN 978-84-8367-610-3. 
  4. Pena Castro, María Jesús (2020-12-03). "La cultura popular española en las fotografías de Ruth Matilda Anderson. Representaciones del pasado y relecturas digitales". Boletín de Literatura Oral: 87–102. ISSN 2173-0695. doi:10.17561/blo.vextra3.5290. 
  5. "Exposición - Ruth Matilda Anderson - Museo de Pontevedra - Museo". Museo de Pontevedra. Consultado o 2024-05-08. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar