Ruth Bader Ginsburg

xuíza e xurista estadounidense

Ruth Joan Bader Ginsburg, nada en Brooklyn (Nova York) o 15 de marzo de 1933 e finada en Washington, D.C. o 18 de setembro de 2020, foi unha xuíza e xurista estadounidense que destacou especialmente polo seu traballo na loita pola igualdade legal entre homes e mulleres. Dende o 10 de agosto de 1993 e ata o seu pasamento foi xuíza da Corte Suprema dos Estados Unidos, nomeada polo presidente Bill Clinton. En 1972 fundou a sección de dereitos da muller na Unión Estadounidense polas Liberdades Civís.

Infotaula de personaRuth Bader Ginsburg

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Joan Ruth Bader Editar o valor em Wikidata
15 de marzo de 1933 Editar o valor em Wikidata
Brooklyn, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte18 de setembro de 2020 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Washington, D.C., Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de páncreas Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCemiterio Nacional de Arlington Editar o valor em Wikidata
Juiz associado do Supremo Tribunal dos Estados Unidos (pt) Traducir
10 de agosto de 1993 – 18 de setembro de 2020 (finado no cargo)
← Byron WhiteAmy Coney Barrett →
Judge of the United States Court of Appeals for the D.C. Circuit (en) Traducir
30 de xuño de 1980 – 9 de agosto de 1993
← Harold Leventhal (pt) TraducirDavid S. Tatel (pt) Traducir →
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesNotorious R.B.G.
R.B.G. Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónXudaísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Cornell
Columbia Law School (en) Traducir
Harvard Law School (pt) Traducir
James Madison High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoDereito, Dereitos da muller, Igualdade de genero, xénero, tribunal e corte suprema (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónxuíza , avogada , xurista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Rutgers (pt) Traducir
Universidade de Columbia
Goberno federal dos Estados Unidos Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresBenjamin Kaplan (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaInglés estadounidense, lingua hebrea, lingua sueca e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Patrimonio estimado4.000.000 $ Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMartin D. Ginsburg (pt) Traducir (1954–2010), morte do cónxuxe Editar o valor em Wikidata
FillosJane C. Ginsburg (pt) Traducir, James Steven Ginsburg (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0046029 Allocine: 721787 Rottentomatoes: celebrity/ruth_bader_ginsburg Allmovie: p625309 TCM: 970724 Metacritic: person/ruth-bader-ginsburg
Dialnet: 1259363 iTunes: 388347635 WikiTree: Bader-675 Find a Grave: 209809010 Editar o valor em Wikidata

Ginsburg mantivo unha alta popularidade nos Estados Unidos. Icona da cultura pop, recibiu o alcume de "Notorious R.B.G." e estaba considerada como un símbolo da resistencia pública e da xustiza.[1]

Traxectoria editar

Naceu en Brooklyn no seo dunha modesta familia xudía. A súa nai, Celia, que a impulsou aos libros e ao estudo, morreu o día en que Ruth tiña que graduarse no instituto. Estudou cunha bolsa na Universidade de Cornell na década de 1950. Coñeceu entón ao que foi o seu marido, e foron xuntos a estudar a dereito á Universidade Harvard.[2]

En 1972 fundou a sección de dereitos da muller na Unión Estadounidense polas Liberdades Civís dende onde iniciou a batalla legal pola igualdade entre homes e mulleres. Liderou seis dos principais casos ante a Corte Suprema dos Estados Unidos, dos que gañou cinco. En 1971 o tribunal ditaminou por primeira vez que tratar unha muller de xeito diferente a un home violaba a Constitución e era ilegal. Foi coñecido como o caso Reed v. Reed.[2]

Comezou a súa carreira xudicial en 1980 cando o presidente Jimmy Carter a nomeou xuíza do Tribunal de Apelacións do Distrito de Columbia, onde pasou trece anos. En 1993, o presidente Bill Clinton nomeouna xuíza do Tribunal Supremo tralo retiro do xuíz asociado Byron White. O Senado confirmou o seu nomeamento cunha votación de 96-3. Converteuse entón na segunda muller na historia (tras Sandra Day O'Connor) en servir neste alto órgano xudicial.

Ginsburg foi unha das principais voces da á liberal do Tribunal Supremo. Durante os seus anos no Tribunal, Ginsburg votou a favor do dereito ao aborto e da citación de dereito internacional nas opinións da Corte. Ademais, votou en contra da pena de morte e a favor dos dereitos dos homosexuais.[3]

En novembro de 2018, aos 85 foi hospitalizada despois dunha caída. A súa dimisión do supremo por razóns de saúde abriría a porta a que o presidente Donald Trump nomease un xuíz ultraconservador, escorando a Corte Suprema durante décadas.[2] Ginsburg faleceu por complicacións dun cancro de páncreas o 18 de setembro de 2020.[4][5] Consciente da súa morte inminente e das eleccións presidenciais que terían lugar en menos de dous meses, ditou unha nota á súa neta: "O meu máis fervente desexo é non ser substituída ata que haxa un novo presidente".[6][7]

Na cultura popular editar

 
Cartel que mostra a Ginsburg como "the Notorious R.B.G." semellante ao rapeiro estadounidense The Notorious B.I.G., 2018.

Ginsburg foi cualificada como "icona da cultura pop".[8][9][10] O perfil de Ginsburg comezou a crecer tralo retiro de O'Connor en 2006, que a deixou como a única muller no tribunal.

As súas alegacións cada vez máis apaixonadas, particularmente en Shelby County v. Holder levaron á creación de Notorious R.B.G. Tumblr e de memes comparándoa co rapeiro The Notorious B.I.G.[11] A creadora de Notorious R.B.G. Tumblr, a estón estudante de dereito Shana Knizhnik, uniuse á reporteira de MSNBC Irin Carmon para converter o blog nun libro titulado Notorious RBG: The Life and Times of Ruth Bader Ginsburg.[12] Editado en outubro de 2015, converteuse nun bestseller de The New York Times.[13] Ademais, Ginsburg inspirou arte das uñas, disfraces de Halloween, unha boneca, tatuaxes, camisetas, cuncas de café e libros de colorear para nenos, entre outros obxectos.[12][14][15][16] O músico Jonathan Mann fixo unha canción empregando parte da súa disertación en Burwell v. Hobby Lobby Stores, Inc..[17] Ginsburg admitiu que ten unha "gran cantidade" de camisetas de Notorious R.B.G., que distribúe como regalos.[18]

Dende 2015, Ginsburg foi interpretada por Kate McKinnon en Saturday Night Live.[19] Os cineastas Betsy West e Julie Cohen realizaron un documental sobre Ginsburg, titulado RBG, para CNN Films, que foi estrado no festival de Sundance de 2018 e recibiu dúas candidaturas aos Oscar.[20] No filme Deadpool 2 (2018), móstrase unha fotografía dela cando Deadpool a ten en conta para a súa X-Force, equipo de superheroes.[21] Outro filme, Unha cuestión de xénero, que se centra na carreira de Ginsburg loitando pola igualdade de dereitos, foi estreado a finais de 2018. O guión estivo na lista negra dos mellores guións sen producir en 2014.[22] A actriz Felicity Jones interpreta a Ginsburg e Armie Hammer ao seu marido Marty.[23] A propia Ginsburg ten unha aparición no filme.[24] A sétima temporada da sitcom New Girl inclúe unha personaxe chamada Ruth Bader Schmidt por Ginsburg.[25] Unha figura de Lego de Ginsburg aparece en The Lego Movie 2. Ginsburg deu a súa autorización para o cameo e para a produción da figura como parte dos conxuntos de xoguetes de Lego trala estrea en febreiro de 2019.[26]

Notas editar

  1. "'RBG': How Ruth Bader Ginsburg became a legit pop-culture icon". 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Ruth Bader Ginsburg, la juez que encandila a los ‘millennials’". 
  3. El Espectador. "La octogenaria jueza que se convirtió en icono pop". 
  4. Liptak, Adam (September 18, 2020). "Justice Ruth Bader Ginsburg Dies at 87". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2020. Consultado o September 19, 2020. 
  5. Sherman, Mark (September 18, 2020). "Supreme Court Justice Ruth Bader Ginsburg dies of metastatic pancreatic cancer". The Boston Globe (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2020. Consultado o 19 de setembro de 2020. 
  6. Orixinal en inglés: "My most fervent wish is that I will not be replaced until a new president is installed".
  7. Totenberg, Nina (September 18, 2020). "Justice Ruth Bader Ginsburg, Champion Of Gender Equality, Dies At 87". National Public Radio. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2020. Consultado o 19 de setembro de 2020. 
  8. Waldman, Paul (28 de novembro de 2014). "Why the Supreme Court should be the biggest issue of the 2016 campaign". The Washington Post. Consultado o 18 de febreiro de 2016. 
  9. Alman, Ashley (16 de xaneiro de 2015). "This Badass Tattoo Takes Ruth Bader Ginsburg Fandom To New Levels". The Huffington Post. Consultado o 18 de febreiro de 2016. 
  10. Ryan, Patrick (9 de novembro de 2018). "'RBG': How Ruth Bader Ginsburg became a legit pop-culture icon". USA TODAY (en inglés). Consultado o 9 de novembro de 2018. 
  11. Lithwick, Dahlia (16 de marzo de 2015). "Justice LOLZ Grumpycat Notorious R.B.G.". Slate. Consultado o 18 de febreiro de 2016. 
  12. 12,0 12,1 Bazelon, Emily (4 de decembro de 2015). "Notorious RBG: The Life and Times of Ruth Bader Ginsburg'". The New York Times. ISSN 0362-4331. Consultado o 22 de decembro de 2016. 
  13. Carmon, Irin; Knizhnik, Shana (27 de outubro de 2015). Notorious RBG: The Life and Times of Ruth Bader Ginsburg. Dey Street Books. ISBN 978-0062415837. 
  14. Reynolds, Eileen (30 de xullo de 2014). "How An 81-Year-Old Supreme Court Justice Became An Unlikely Pop Culture Icon". Business Insider. Consultado o 22 de decembro de 2016. 
  15. O'Leary, Tom F. (16 de febreiro de 2016). The Ruth Bader Ginsburg Coloring Book: A Tribute to the Always Colorful and Often Inspiring Life of the Supreme Court Justice Known as RBG (en inglés). S.l.: Gumdrop Press. ISBN 978-0692644782. 
  16. "How Ruth Bader Ginsburg became a meme – and why that's so surprising". Press Herald (en inglés). 3 de xuño de 2018. Consultado o 10 de xuño de 2018. 
  17. Abby Ohlheiser (30 de xuño de 2014). "Read Justice Ginsburg's Passionate 35-Page Dissent of Hobby Lobby Decision". The Atlantic. Consultado o 26 de decembro de 2018. 
  18. Miller, Zeke J. (19 de outubro de 2014). "Ruth Bader Ginsburg Says She Has Quite a Large Supply of Notorious RBG Shirts". TIME.com. Consultado o 22 de decembro de 2016. 
  19. Lavender, Paige (4 de maio de 2015). "'Ruth Bader Ginsburg' Brings The Sass On SNL". The Huffington Post. Consultado o 4 de novembro de 2015. 
  20. Sperling, Nicole (21 de xaneiro de 2018). "Ruth Bader Ginsburg Wows Celebrity-Packed Crowd at Sundance Film Festival". HWD (en inglés). Consultado o 22 de xaneiro de 2018. 
  21. "Ninja Supreme Court Justice: Ruth Bader Ginsburg Has Fun With Fame". The New York Times. 9 de maio de 2018. 
  22. Bloom, David; Yamato, Jen (15 de decembro de 2014). "Blacklist 2014: Full List – Update". Deadline. Consultado o 9 de decembro de 2016. 
  23. McNary, Dave (18 de xullo de 2017). "Felicity Jones to Star as Ruth Bader Ginsburg in Biopic 'On the Basis of Sex'". Variety (en inglés). Consultado o 17 de setembro de 2017. 
  24. "Ruth Bader Ginsburg Films Cameo in Biopic 'Notorious'". Hollywood Reporter. 17 de abril de 2018. Consultado o 26 de decembro de 2018. 
  25. Maas, Jennifer (10 de abril de 2018). "'New Girl': Here's Why Schmidt and Cece's Daughter Is Named Ruth Bader". TheWrap. Consultado o 8 de maio de 2018. 
  26. Alexander, Bryan (19 de xaneiro de 2019). "Supreme reveal: Ruth Bader Ginsburg makes star appearance in 'Lego Movie 2'". USA Today. Consultado o 19 de xaneiro de 2019. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar