Russell Cross
Russell Cross Jr., nado o 5 de setembro de 1961 en Chicago, Illinois, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense que xogou para os Golden State Warriors da National Basketball Association (NBA) e en Europa. Formado na Universidade de Purdue foi elixido no posto número 6 do Draft da NBA de 1983. Cunha altura de 2,08 metros xogaba na posición de pivote.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 5 de setembro de 1961 (63 anos) Chicago, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Manley Career Academy High School (en) Universidade de Purdue (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 208 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 98 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1983 - 1990 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Pivote | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Golden State Warriors | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria deportiva
editarUniversidade
editarTras ser un dos mellores xogadores de instituto do país, chegando a formar parte do McDonald's All-American Team en 1980,[1][2] xogou durante tres tempadas cos Boilermakers da Universidade de Purdue, nos que fixo medias de 16,4 puntos e 6,7 rebotes por encontro.
Profesional
editarFoi elixido na sexta posición do Draft da NBA de 1983 por Golden State Warriors,[3][4] onde xogaría a súa única tempada na liga norteamericana, sen contar apenas para o seu adestrador. Nos 45 partidos que disputou fixo unha media de 3,7 puntos e 1,8 rebotes por partido. Foi despedido pouco antes do comezo da tempada 1984-85, asinando como axente libre polos Denver Nuggets, equipo co que nin sequera chegou a debutar.
Tras non atopar equipo na máxima competición, foi xogar á CBA estadounidense,.[5] onde permaneceu dúas tempadas no equipo dos La Crosse Catbirds. En 1987 recibe unha oferta para xogar no Alfasprint Napoli da Serie A italiana, onde permanece unha tempada promediando 14,2 puntos e 9,2 rebotes. En 1989 chega á Liga ACB, xogando tan só dous partidos de play-offs co Granollers, indo parar ao ano seguinte ao DYC Breogán de Lugo, onde unicamente disputou un encontro.
Notas
editar- ↑ "1980 McDonald's All-American". Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2011. Consultado o 29 de xuño de 2011.
- ↑ Ficha de Cross en TDR
- ↑ 1983 NBA Draft
- ↑ "1983-84 Golden State Warriors Roster and Statistics". Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2013. Consultado o 29 de xuño de 2011.
- ↑ "Russell Cros player profile, stats, career". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 29 de xuño de 2011.