Rurutu é unha das illas Austrais, localizadas na Polinesia Francesa. Está situada a 572 km ao sur de Tahití e a 210 km ao noroeste de Tubuai.

Rurutu
Vista de Rurutu desde satélite
Localización
Situación
PaísFrancia
Colectividade de ultramarPolinesia Francesa
ArquipélagoIllas Austrais
MarOcéano Pacífico
Coordenadas22°27′S 151°20′O / -22.450, -151.333
Xeografía
Superficie32´75 km²
Longura máxima10´8
Largura máxima5´3
Punto máis alto412 m. Manureva
Demografía
CapitalMoerai
Poboación2322[1] (2012)
Densidade71 hab./km²

Xeografía editar

Toponimia editar

Rurutu anteriormente chamábase 'Eteroa[2] (Modelo:Refnec). Máis tarde, Cook desembarcó na illa de Tubuai, onde un nativo díxolle que viña da illa veciña chamada "Rurutu."

Xeoloxía editar

A superficie total é de 32 km² cunha forma que recorda o continente africano. Ten unha estrutura xeolóxica sen arrecifes nin lagoa que a protexa do océano. A costa é escarpada, con moitas covas con estalactitas e estalagmitas. A altitude máxima é de 398 metros nos montes Manureva e Taatioe.

A poboación total era de 2.325 habitantes no censo de 2012. As aldeas principais son Moerai (a capital da comuna), Hauti e Avera. Desenvolveuse o turismo para observar as baleas que se achegan ata a costa. Durante o ritual Tere, celebrado en xaneiro, pódese asistir á proba da Amoraa oa'i, que consiste en levar unha pedra que pode pesar ata 150 kg. Aínda así a maioría da poboación dedícase á pesca e agricultura de subsistencia.

Historia editar

Historicamente tamén se nomeou Oheteroa e Hitiroa. Os traballos arqueolóxicos permitiron datar a chegada dos polinesios cara ao 900 dC. O primeiro europeo en chegar foi James Cook, en 1769. Para previr a expansión británica desde as illas Cook cara ás Austrais, Francia estableceu o seu protectorado en Rurutu en 1889, e despois foi anexada en 1900.

Notas editar

  1. "Population". Institut de la statistique de la Polynésie française. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2020. Consultado o 7 de xaneiro de 2015. 
  2. Modelo:Refnec

Ligazóns externas editar