Ruptura da presa de Brumadinho

Coordenadas: 20°07′11″S 44°07′17″O / -20.119722222222, -44.121388888889

A ruptura da presa de Brumadinho foi un desastre ambiental que ocorreu no municipio brasileiro de Brumadinho, a 65 km da capital mineira, Belo Horizonte, a comezos de 25 de xaneiro de 2019. Rompeuse unha represa de minería controlada pola compañía Vale SA, construída sobre a beira do río Ferro-Carvão[1] na localidade de Córrego do Feijão.[2]

ruptura da presa de Brumadinho.

O accidente ocorreu só tres anos despois do desastre da represa de residuos mineiros de Mariana, a menos de 200 quilómetros de Brumadinho, que tamén era controlada por Vale en conxunción con BHP Billiton. O presidente de Vale, nunha conferencia de prensa, sinalou que, a diferenza de Mariana, na traxedia de Brumadinho "o dano humano será maior".[3]

Notas editar