Rudolf Kárpáti

esgrimista húngaro

Rudolf Kárpáti (en húngaro: Kárpáti Rudolf), nado en Budapest o 17 de xullo de 1920 e finado na mesma cidade o 1 de febreiro de 1999, foi un músico militar e tirador de esgrima húngaro, gañador de seis medallas olímpicas de ouro.

Infotaula de personaRudolf Kárpáti

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de xullo de 1920 Editar o valor em Wikidata
Budapest, Hungría Editar o valor em Wikidata
Morte1 de febreiro de 1999 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Budapest, Hungría Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Farkasréti (pt) Traducir, 60/2-főút-6 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeHungría Editar o valor em Wikidata
Altura179 cm Editar o valor em Wikidata
Peso64 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónesgrimista , músico militar Editar o valor em Wikidata
Deporteesgrima Editar o valor em Wikidata
Participou en
1960fencing at the 1960 Summer Olympics – men's team sabre (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1960Esgrima nos Xogos Olímpicos de 1960  (medalla de ouro olímpica)
1956Fencing at the 1956 Summer Olympics – men's team sabre (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1956Esgrima nos Xogos Olímpicos de 1956  (medalla de ouro olímpica)
1952Xogos Olímpicos de 1952
1948Xogos Olímpicos de 1948 Editar o valor em Wikidata

Olympic.org: rudolf-karpati Find a Grave: 64311249 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Militar profesional, estudou violín no conservatorio e musicoloxía na universidade, foi membro das seccións de esgrima do Vasas SC e do Budapest Honvéd compatibizándoo co posto de instrutor musical na Academia Militar Central. Participou, aos 28 anos, nos Xogos Olímpicos de 1948 celebrados en Londres, gañando a medalla de ouro na proba de equipos de sabre, competición que gañou de novo nos Xogos Olímpicos de 1952 de Helsinqui nos Xogos Olímpicos de 1956 de Melbourne e nos Xogos Olímpicos de 1960 de Roma. Tamén gañou a competición de sabre individual nas edicións de 1956 e 1960.

Ao longo da súa carreira gañou sete títulos nacionais e doce medallas no Campionato do Mundo de Esgrima, entre elas sete de ouro. Tras retirarse traballou como directivo da Federación de Esgrima Húngara (1961-1991), foi xuíz internacional e membro do comité de xuíces da Federación Internacional de Esgrima, publicou a súa autobiografía en 1965 e foi presidente da Asociación de Esgrima de Budapest (1977). Director artístico da Academia Militar desde 1961, actuou como conselleiro de defensa (1990-1994) e retirouse co grao de xeneral de dúas estrelas do exército de terra.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar