Rublo svalbarense

O rublo svalbarense foi unha moeda que circulou nas illas Svalbard (tamén chamadas Spitzbergen). Un rublo dividíase en 100 kopeks. Esta moeda circulou dende 1946 ata principios do século XXI.

HistoriaEditar

O 7 de maio de 1935 a Unión Soviética asinou o tratado de Svalbard, o que permitiu a instalación dunha compañía mineira soviética nas illas Svalbard (en ruso: Шпицверген, tr.: Shpitsvergen) ao norte de Noruega e no interior do Círculo Polar Ártico. Esta compañía, chamada Arktikugol (Арктикуголь), emitiu unha serie de moedas e billetes para o uso exclusivo dos habitantes da illa de nacionalidade soviética. Emitíronse varias series de moedas trala caída da Unión Soviética. Estes rublos foron de curso legan non só nas illas Svalbard senón en todo o territorio ruso. Debido á sú escasa tirada, os rublos das illas Svalbard son moi apreciados polos coleccionistas.

MoedasEditar

Durante o tempo que esta moeda estivo en circulación no territoria acuñáronse tres series de moedas que circularon en distintos períodos entre 1946 e 2002.

Primeira serie de moedasEditar

Constaba das seguintes denominacións:

Denominación Emisión Material Forma
10 kopeks 1946 Bronce de aluminio Circular
15 kopeks 1946 Bronce de aluminio Circular
20 kopeks 1946 Cuproníquel Circular
50 kopeks 1946 Cuproníquel Circular

Segunda serie de moedasEditar

A segunda serie de moedas non contaba con moedas de kopeks:

Imaxes Denominación Emisión Material Forma
  10 rublos 1993 Cuproníquel Circular
  25 rublos 1993 Cuproníquel Circular
  50 rublos 1993 Cuproníquel Circular
  100 rublos 1993 Bronce de aluminio Circular

Terceira serie de moedasEditar

A derradeira serie emitiga serie emitida contaba coas seguintes denominacións:

Denominación Emisión Material Forma
0,10 rublos 1998 Aluminio Circular
0,25 rublos 1998 Aluminio Circular
0,50 rublos 1998 Aluminio Circular
1 rublo 1998 Latón Circular
2 rublos 1998 Latón Circular
5 rublos 1998 Cuproníquel Circular

BilletesEditar

Emitítonse billetes, mais non para uso regular.[1] Aínda que se empregaron os billetes do Rublo soviético e de coroa norueguesa.

NotasEditar

  1. "Billetes". Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2006. Consultado o 16 de marzo de 2011. 
  1. Krause, Chester L.; Clifford Mishler (2002). Standard Catalog of World Coins: 1901-2002). Krause Publications. ISBN 0-87341-150-1.
  2. Pick, Albert (2009). Standard Catalog of World Paper Money, Modern Issues, 1961-Present. Krause Publications. ISBN 0-87341-207-9.