Rubem Fonseca

escritor brasileiro

José Rubem Fonseca, nado en Juiz de Fora (Minas Xerais) o 11 de maio de 1925[1] e finado no Río de Xaneiro o 15 de abril de 2020,[2] é un escritor brasileiro. En 2003 recibiu o Premio Camões, o máis prestixioso galardón literario da lingua portuguesa.

Rubem Fonseca
Nacemento11 de maio de 1925
 Juiz de Fora
Falecemento15 de abril de 2020
 Río de Xaneiro
Causainfarto agudo de miocardio
NacionalidadeBrasil
Alma máterFaculdade de Direito da Universidade Federal do Rio de Janeiro
Ocupaciónescritor, guionista, xornalista e novelista
FillosJosé Henrique Fonseca
Coñecido/a porO Seminarista, Agosto (livro), O Caso Morel, Bufo & Spallanzani, Lúcia McCartney, Feliz Ano Novo e O Cobrador
PremiosPremio Camões, Prêmio Jabuti, Prêmio Machado de Assis, José María Arguedas Prize, Manuel Rojas Ibero-American Narrative Award, FIL Award e honorary doctorate of the National University of San Marcos
Na rede
http://educacao.globo.com/literatura/assunto/autores/rubem-fonseca.html
IMDB: nm0284707 Allocine: 75112 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

En 2004 foi Premio Rosalía de Castro do Centro PEN Galicia.[3]

TraxectoriaEditar

Estudou Dereito na Universidade do Brasil (actual Universidade Federal do Río de Xaneiro)[4], e exerceu diversas actividades antes de dedicarse por completo á literatura. En decembro de 1952 foi nomeado comisario de policía en Río de Janeiro. Entre setembro de 1953 e marzo de 1954 estudou administración de empresas na Universidade de Nova York. De regreso no Brasil, en 1954 comezou a dar clases de psicoloxía na Fundação Getúlio Vargas. Deixou a policía en 1958 e traballou na Light.

É viúvo de Théa Maud, e ten tres fillos: Maria Beatriz, José Alberto e o cineasta José Henrique Fonseca.

ObraEditar

As obras de Rubem Fonseca adoitan retratar en estilo seco e directo a luxuria e a violencia urbana, con personaxes marxinais e miserables, incluídos asasinos e prostitutas. A través da ficción trata a historia do seu país, como nas novelas Agosto, en que aparecen as conspiracións que remataron co suicidio de Getúlio Vargas, ou O selvagem da ópera, onde retrata a vida de Carlos Gomes.

Escribiu guións para películas, entre os que destacan Uma garota de programas (1971), Stelinha (1990) ou A grande arte (1992), gañadores de diversos premios.[5]

O avogado Mandrake, é un personaxe recorrente na súa obra, e foi adaptado a unha serie de televisión pola canle HBO, con guión do seu fillo.[6]

É un dos mais prestixiosos escritores brasileiros contemporáneos e un dos expoñentes máximos da literatura de lingua portuguesa. Traducido en todo o mundo, a súa obra foi publicada en Portugal, desde 2010, pola Sextante Editora.[7]

NovelasEditar

  • O caso Morel (1973). En españolː El caso Morel, RBA Libros, 2012.
  • A grande arte (1983). En 2013 11x17 e Sextante Editora.
  • Bufo & Spallanzani (1986). Sextante Editora en 2013.
  • Vastas emoções e pensamentos imperfeitos (1988). Dom Quixote en 1990.
  • Agosto (1990). Leya en 2017. Sextante Editora 2013.
  • O selvagem da ópera (1994). Sextante Editora en 2018.
  • E do meio do mundo prostituto só amores guardei ao meu charuto (1997). Campo das Letras en 1999.
  • O doente Molière (2000). Edições Asa en 2002.
  • Diário de um Fescenino (2003). Campo das Letras.
  • Mandrake, a Bíblia e a Bengala (2005). Campo das Letras en 2006.
  • O seminarista (2009). Sextante Editora en 2011.
  • José (2011). Sextante Editora en 2012.

ContosEditar

  • Os prisioneiros (1963)
  • A coleira do cão (1965). Companhia das Letras en 1991.
  • Lúcia McCartney (1967)
  • O homem de fevereiro ou março (1973)
  • Feliz Ano Novo (1975)
  • O cobrador (1979). Companhia das Letras en 2005.
  • Romance negro e outras histórias (1992). Campo das Letras en 2003.
  • O buraco na parede (1995). Campo das Letras.
  • Histórias de amor (1997)
  • A confraria dos espadas (1998). Campo das Letras en 2001.
  • Secreções, excreções e desatinos (2001). Campo das Letras.
  • Pequenas criaturas (2002). Campo das Letras.
  • 64 Contos de Rubem Fonseca (2004). Companhia das Letras.
  • Ela e outras mulheres (2006). Campo das Letras en 2008.
  • Axilas e Outras Histórias Indecorosas (2011). Sextante Editora en 2017.
  • Amálgama (2013). Sextante Editora en 2014.
  • Histórias Curtas (2015). Sextante Editora en 2016.
  • Calibre 22 (2017). Sextante Editora en 2018.
  • Carne Crua (2018). Sextante Editora en 2019.

OutrosEditar

  • O romance morreu (crónicas, 2007). Companhia das Letras.

PremiosEditar

  • Coruja de Ouro polo guión de Relatório de um homem casado, filme dirixido por Flávio Tambellini
  • Kikito do Festival de Gramado, polo guión de Stelinha, dirixido por Miguel Faria Jr.
  • Premio da Associação Paulista de Críticos de Arte polo guión de A grande arte, filme dirixido por Walter Salles Jr.
  • Prêmio Jabutiː 1969, 1983, 1996, 2002, 2002, 2014
  • Premio de Literatura Latinoamericana y del Caribe Juan Rulfo, 2003
  • Premio Rosalía de Castro do Centro PEN Galicia, 2004
  • Correntes de Escrita (Póvoa de Varzim), 2012
  • Premio Iberoamericano de Narrativa Manuel Rojas, 2012
  • Premio Machado de Assis, 2014

NotasEditar

  1. lecturalia.com. "Rubem Fonseca: libros y biografía autor". Lecturalia (en castelán). Consultado o 2020-04-13. 
  2. Coutinho, Isabel. "Morreu Rubem Fonseca, o escritor “peripatético” que gritava vivas à língua portuguesa". PÚBLICO (en portugués). Consultado o 2020-04-15. 
  3. "O PEN clube entregou os premios Rosalía de Castro ás literaturas ibéricas". La Voz de Galicia. 2004-09-30. Consultado o 2020-12-12. 
  4. "▷ Biografía de Rubem Fonseca". Todo Biografías (en castelán). 2019-03-30. Consultado o 2020-04-13. 
  5. "Rubem Fonseca". Agencia Literaria Carmen Balcells (en castelán). Consultado o 2020-04-13. 
  6. "Mandrake (série)" (en portugués). 2019-06-04. 
  7. "Rubem Fonseca. Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-04-13. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • BARROS, Fellipe Ernesto. Do repugnante ao belo: o excremento como sublime em Copromancia, de Rubem Fonseca. Monografia (Trabalho de conclusão de curso), UFAL, Maceió, 2010.
  • JESUS, Manuela Sena de. De amor e dor: Eros e Thanatos em contos de Rubem Fonseca. Dissertação (Mestrado em Literatura Brasileira), UEFS, Feira de Santana, 2005.
  • MEDEIROS, Leonardo Barros. A representação do real em Rubem Fonseca: Agosto entre o histórico e o policial. Dissertação (Mestrado em Letras Vernáculas), UFRJ, Rio de Janeiro, 2013.
  • MORAIS JUNIOR, Luis Carlos de. "O mago artificial", in O Estudante do Coração. Rio de Janeiro: Quártica, 2010.
  • PEREIRA, Francisco Afrânio Câmara. Por dentro da cidade: solidão e marginalidade em Rubem Fonseca. Tese (Doutorado em Estudos da Linguagem), UFRN, Natal, 2011.
  • PEREIRA, Francisco Afrânio Câmara. Livro de ocorrências: caminhos do amor e do ódio na obra de Rubem Fonseca. Dissertação (Mestrado em Letras), UFPB, João Pessoa, 1997.
  • PETROV, Petar Dimitrov. O Realismo na Ficção de José Cardoso Pires e Rubem Fonseca. Lisboa: Algés, 2000.
  • POLESSA, Maria Luiza de Castro. Rubem Fonseca: Retratos e Conversas. Universidade Federal do Rio de Janeiro, 1986.
  • SANTOS, Rosa Maria dos. O Conto Policial em Poe e Rubem Fonseca. Universidade Estadual Paulista, São José do Rio Preto, 1998.
  • SILVERMAN, Malcolm. "Rubem Fonseca", págs. 261-277, in Moderna Ficção Brasileira 2. Ed. Rio de Janeiro: Civilização Brasileira/MEC, 1981.
  • SILVA, Deonísio da. Rubem Fonseca. Coleção Perfis do Rio. Rio de Janeiro: Relume-Dumará/Rio Arte, 1996.
  • TELLO Garrido, Romeo. La Violencia como Estética de la Misantropia. Cuatro Acercamientos a la Obra de Rubem Fonseca. México, 1993.
  • VÁLIO, Simone Cristina. Embates na arena de papel: o "jogo" narrativo dos contos de Rubem Fonseca. 2008. 227 p. Tese (Doutorado em Teoria e História Literária) – Instituto de Estudos da Linguagem, Unicamp, 2008.
  • VIEGAS, Ana Cristina Coutinho. Campos Recepcionais na Obra de Rubem Fonseca. Universidade Federal do Rio de Janeiro, 1998.
  • VIEIRA, Nelson H. An ‘Uncanny’ Vision of Art and Reality in Brazil: Rubem Fonseca’s Bufo & Spallanzani. Brown University, /n/d/

Ligazóns externasEditar