Rubén I de Armenia

Rubén I de Armenia (Ռուբեն Ա en armenio, transliterado tamén como Rupen ou Roupen), nado en 1025 e finado en Korgomolo en 1095,[1] foi un señor de Partzerpert e fundador da dinastía rubénida, que deu lugar á creación do Reino armenio de Cilicia.

Infotaula de personaRubén I de Armenia

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1025 ↔ 1035 Editar o valor em Wikidata
Mortec. 1095 Editar o valor em Wikidata
Kormogolo (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloQ56084747 Traducir (1080–1095) Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastía rubénida Editar o valor em Wikidata
FillosConstantino I, señor de Armenia Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Armenia-7

Traxectoria editar

Orixes editar

Nado en Armenia, a súa orixe non está clara. Mentres o cronista armenio, Mateo de Edesa, convérteo en parente de Gagik II, o derradeiro rei armenio de Ani, pero non o relaciona coa dinastía bagratuni; outros autores afirman que estaba emparentado, seguramente era fillo, con Gagik II, o derradeiro rei desta cidade.[2] Outras noticias, emparéntano con Senekerim e os príncipes de Siunia.

Marcha a Cilicia editar

Rubén abandonou Armenia cando os turcos selxúcidas conquistaron ese reino e marchou cara Cilicia acompañado dun continxente armenio. En 1080, tralo masacre de varios príncipes armenios polos bizantinos, entre eles Gagik II, reuniu á súa familia e fuxiu ás montes Tauros e refuxiouse na fortaleza de Kopitar (Kosidar) situada ao norte de Sis (hoxe, Kozan en Turquía),[3] e como señor de Gobidar e Goromosol declarou a súa independencia rebelándose contra o Imperio Bizantino.[4][5]

A seguir, apoderouse da fortaleza de Partzerpert, un dos puntos máis inaccesibles das montañas de Cilicia ao noroeste da cidade de Sis. Ao mesmo tempo, Hethum, un seu compatriota, instalouse en Lampron, dando lugar á dinastía hethumida. Estas dúas familias seguirían sendo rivais até 1226, cando se produciu a unión das dúas dinastías co casamento da rubénida Isabel de Armenia co hethumida Hethum I de Armenia, monarcas do Reino armenio de Cilicia.

Malia que en momentos posteriores, tanto Rubén como Hethum, terán gran relevancia, nestes momentos tiveron un papel secundario fronte a outro caudillo armenio chamado Vahram, denominado Filareto polos bizantinos, e do que se converteron en vasalos.[6]

Rubén morreu en 1095 e foi enterrado no mosteiro de Castalon, sendo sucedido polo seu fillo Constantino.[4]

Casamentos e descendencia editar

Descoñécese o nome da muller de Rubén I, pero deste matrimonio naceron:

Notas editar

  1. Crowley & FMG
  2. "The Rupenids". genealogy.euweb.cz (en inglés). 8 abril de 2002. Consultado o 29 de maio de 2023. 
  3. Ghazarian 2018, p. 46
  4. 4,0 4,1 Kurkjian, Vahan M. (3 de setembro de 2012). "History of Armenia. Chapter 27". penelope.uchicago.edu (en inglés). Consultado o 2024-01-05. 
  5. Runciman (2002), p. 82
  6. Runciman (2002), pp. 82-83

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Crowley, Charles; FMG (2006-2021). "Armenia". Project Medieval Lands (en inglés). Consultado o 29 de maio de 2023. 
  • Ghazarian, Jacob G. (2018). The Armenian Kingdom in Cilicia during the Crusades: The Integration of Cilician Armenians with the Latins (1080–1093) (en inglés). Londres: Taylor & Francis. ISBN 9780203037294. doi:10.4324/9780203037294. 
  • Kurkjian, Vahan M. (1958). A History of Armenia (en inglés). Armenian General Benevolent Union of America. 
  • Rüdt-Collenberg, Count W.H. (1963). The Rupenides, Hethumides, and Lusignans. The Structure of the Armeno-Cilician Dynasties (en inglés). París: Librairie Klincksieck. 
  • Runciman, Steven (2002). Historia de las Cruzadas. Vol I: La Primera Cruzada y la Fundación del Reino de Jerusalén (en castelán). Madrid: Alianza Editorial. ISBN 84-206-2059-9. 

Outros artigos editar

Predecesor:
Creación do señorío
 
Señor de Partzerpert
Señor armenio de Cilicia

1080 - 1095
Sucesor:
Constantino I de Armenia