Rubén Díez

futbolista español

Rubén Díez Adán, en ocasións coñecido como Jamelli, nado en Zaragoza o 18 de agosto de 1993, é un futbolista español que xoga no Tenerife. Desenvólvese principalmente como mediocampista central, aínda que tamén pode xogar como centrocampista ofensivo.

Rubén Díez
Información persoal
Nome Rubén Díez Adán
Nacemento 18 de agosto de 1993
Lugar de nacemento Zaragoza
Altura 1,66 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Ibiza
Carreira xuvenil
–2012 Stadium Casablanca
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2012–2013 Valdefierro 27 (8)
2013–2014 Almudévar 30 (4)
2014–2015 Ebro 23 (6)
2015–2016 Deportivo Aragón 41 (2)
2016–2018 Tarazona 68 (15)
2018–2019 Teruel 18 (1)
2019–2021 Castellón 85 (14)
2021– Tenerife 28 (1)
2022–2023 Deportivo da Coruña 34 (3)
2023– Ibiza 0 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 13 de agosto de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nado en Zaragoza, formouse como futbolista no Stadium Casablanca de dita cidade, co que competiu na División de Honra Xuvenil. Na tempada 2012/13 pasou ao Valdefierro, debutando con este conxunto na Tercera División. Alcumado nos seus inicios Jamelli, en referencia a Paulo Jamelli, nos seguintes anos pasou polo Almudévar, o Ebro, o Deportivo Aragón e o Tarazona, todos eles de Terceira, antes de fichar en 2018 polo Teruel, da Segunda División B.[1][2][3][4] Xogou co equipo turolense ata xaneiro de 2019, cando foi traspasado ao Castellón, da mesma categoría.[5]

Militou no equipo castellonenco durante dúas campañas e media, e na segunda delas logrou o ascenso á Segunda División, contribuíndo con seis goles en 29 partidos. O 12 de setembro de 2020, aos 27 anos, debutou na categoría de prata, ao saír de inicio na vitoria por 1-2 ante a Ponferradina na primeira xornada.[6] Marcou o seu primeiro gol dúas semanas despois, facendo o único tanto do seu equipo no empate 1-1 contra a UD Logroñés. Foi titular en case tódolos partidos da tempada 2020/21, sendo o xogador con máis minutos do equipo, que, con todo, acabou descendendo ao rematar penúltimo. Deixou o club tralo descenso, cun balance de 86 partidos oficiais e 14 goles.

En agosto de 2021 asinou un contrato de catro anos co Tenerife tamén da Segunda División.[7] No equipo adestrado por Ramis, os seus números reducíronse respecto á tempada anterior, sobre todo na segunda volta, pero contribuíu á clasificación para a promoción de ascenso a Primeira, promoción na que non chegou a participar.[8] Para a seguinte campaña non entrou nos plans do técnico, polo que saíu cedido ao Deportivo da Coruña, da Primeira División RFEF.[9]

Mostrou un bo nivel de xogo na primeira metade da súa tempada na Coruña, pero acabou baixando o seu rendemento na segunda. Disputou un total de 34 partidos e marcou 3 goles.[10]

Notas editar

  1. Capablo, Raúl (17 de xullo de 2014). "El CD Ebro ficha a Jamelli y a Gascón, del Almudévar" (en castelán). Consultado o 4 de agosto de 2022. 
  2. "'Jamelli', Aitor, Carlos Valencia y Jesús Bernal, al Zaragoza B" (en castelán). 18 de xuño de 2015. Consultado o 4 de agosto de 2022. 
  3. "Rubén Díez "Jamelli" y Pablo Moreno procedentes del Real Zaragoza B; Miguel Mallada de la SD Huesca fichan por la SD Tarazona" (en castelán). 17 de xullo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2022. Consultado o 4 de agosto de 2022. 
  4. "El CD Teruel inicia su preparación para el asalto a la Segunda B" (en castelán). 17 de xullo de 2018. Consultado o 4 de agosto de 2022. 
  5. "Fichaje: Rubén Díez, nuevo jugador del CD Castellón" (en castelán). 21 de xaneiro de 2019. Consultado o 4 de agosto de 2022. 
  6. Otero, Francisco Roberto (12 de setembro de 2020). "La victoria del debutante Castellón llega en la última jugada y de rebote" (en castelán). Consultado o 4 de agosto de 2022. 
  7. "Rubén Díez, nuevo refuerzo del CD Tenerife" (en castelán). 16 de agosto de 2021. Consultado o 4 de agosto de 2022. 
  8. "Rubén Díez no entra en los planes de Ramis" (en castelán). 28 de xuño de 2022. Consultado o 4 de agosto de 2022. 
  9. "Rubén Díez, novo xogador do Dépor 22-23". 3 de agosto de 2022. Consultado o 4 de agosto de 2022. 
  10. Antelo, Iván (12 de xuño de 2023). "Así fue la temporada de los 30 jugadores del Deportivo y esta es su situación contractual". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 13 de agosto de 2023.