Royston Drenthe
Royston Ricky Drenthe, nado en Rotterdam o 8 de abril de 1987, é un futbolista neerlandés que actualmente xoga no Everton FC, en calidade de cedido polo Real Madrid. A súa posición é a de extremo esquerdo, aínda que pode xogar tamén de lateral pola mesma banda.
Traxectoria
editarDespois de pasar varios anos nas categorías inferiores do Feyenoord, debutou co primeiro equipo nun partido contra o SBV Vitesse.
No verán de 2007, fichou polo Real Madrid a cambio de 13.5 millóns de euros.[1] Tras non contar para ningún adestrador dos que pasaron polo Real Madrid, foi cedido ao Hércules CF o 31 de agosto de 2010,[2] onde estivo a tempada 2010-11.
O 31 de agosto de 2011, día do remate do prazo de fichaxes, Drenthe deixa o Real Madrid coa carta de liberdade, e vaise ao Everton FC da Premier League.
Notas
editar- ↑ RealMadrid.com (ed.). "Real Madrid y Feyenoord llegan a un acuerdo para el traspaso de Royston Drenthe" (en español). Arquivado dende o orixinal o 03-01-2013. Consultado o 09-12-2009.
- ↑ "Comunicado Oficial: Royston Drenthe, cedido al Hércules C. F." (en español). Sitio web Real Madrid. 31 de agosto de 2010. Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2010. Consultado o 31 de agosto de 2010.