Rough Night

filme de 2017 dirixido por Lucia Aniello

Rough Night é un filme norteamericano de 2017, unha comedia negra dirixida por Lucia Aniello con guión da propia Aniello e Paul W. Downs e protagonizada por Scarlett Johansson, Zoë Kravitz, Kate McKinnon, Jillian Bell e Ilana Glazer e cun argumento que sitúa a acción na festa de despedida que sae mal despois da morte dun stripper. Columbia Pictures estreou o filme nos Estados Unidos o 16 de xuño de 2017, recadando 46 millóns de dólares en todo o mundo.

Rough Night
Ficha técnica
DirectorLucia Aniello
ProdutorMatt Tolmach
Lucia Aniello
Paul W. Downs
Dave Becky
GuiónLucia Aniello
Paul W. Downs
IntérpretesScarlett Johansson
Kate McKinnon
Jillian Bell
Ilana Glazer
Zoë Kravitz
Paul W. Downs
Ty Burrell
Demi Moore
MúsicaDominic Lewis
FotografíaSean Porter
MontaxeCraig Alpert
EstudioLStar Capital
Matt Tolmach Productions
Paulilu Productions
DistribuidoraColumbia Pictures
Estrea16 de xuño de 2017
Duración101 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Orzamento20.000.000[2]
Recadación46.300.000[3]
Na rede
http://www.roughnightmovie.com/
IMDB: tt4799050 Filmaffinity: 531640 Allocine: 243742 Rottentomatoes: m/rough_night Mojo: rockthatbody Allmovie: v663134 TCM: 2128630 Metacritic: movie/rough-night TV.com: movies/rough-night Netlix: 80163052Editar o valor em Wikidata

Argumento editar

En 2006 catro rapazas fan amizade durante o seu primeiro ano de facultade, son Jess (Scarlett Johansson) , Alice (Jillian Bell), Frankie (Ilana Glazer) e Blair (Zoë Kravitz). Unha década máis tarde xuntánse para unha despedida de solteira, xa que Jess vai casar co seu prometido, Peter. Alice decide que as catro deben ir de festa a Miami e únese tamén Pippa, amiga australiana de Jess. As amigas celebran a festa nun club e resolven contratar un stripper. Pero ocorre algo inesperado, Alice mata ao stripper de xeito accidental ao bater este coa cabeza no bordo da lareira. Antes de decidir que facer Jess chama a Peter e menciona que as súas amigas contrataron un stripper e que ela está confusa. Peter pensa que a súa noiva o vai deixar e decide ir a Miami para que volva con el.

 
Zoë Kravitz, unha das protagonistas do filme

Elenco editar

  • Scarlett Johansson como Jessica "Jess" Thayer
  • Kate McKinnon como Pippa
  • Jillian Bell como Alice
  • Ilana Glazer como Frankie
  • Zoë Kravitz como Blair
  • Paul W. Downs como Peter
  • Demi Moore como Lea
  • Ty Burrell como Pietro
  • Hasan Minhaj como Joe
  • Colton Haynes como Real Scotty
  • Ryan Cooper como Scotty
  • Dean Invernos como o detective Frazier
  • Enrique Murciano como o detective Ruiz
  • Karan Soni como Raviv
  • Bo Burnham como Tobey
  • Eric Andre como Jake
  • Bob the Drag Queen como el mesmo

Produción editar

Sony Pictures anunciou o 22 de xuño de 2015 que lograra facerse cos dereitos do guión Move That Body, presente en The Black List dese ano e escrito por Lucia Aniello e Paul W. Downs. Aniello ía dirixir o filme e Dwons sería un dos protagonistas.[4] Os dous tamén producirían o filme canda Matt Tolmach e Dave Becky.

Rodaxe editar

O filme comezou a rodarse en agosto de 2016 en Saddle Rock (Nova York).[5] Tamén se rodaron algunhas escenas en setembro de 2016 en Mount Vernon (Nova York)[6].

Recadación editar

Ata o 29 de agosto de 2017 o filme recadou 22,1 millóns de dólares nos Estados Unidos e o Canadá mais 24,2 millóns no resto do mundo, o que fai un total de 46.3 millóns, mentres o seu orzamento foi de 20 millóns.

En Norteamérica, a película lanzouse canda All Eyez on Me 47 Metres Down e Cars 3 en 3162 cines.[2] No seu primeiro día fixo 3,4 millóns e 8 millóns na súa primeira fin de semana, situándose en 7º lugar.[7]

Críticas editar

En Rotten Tomatoes a película logrou unha taxa de aprobación do 45% con base en 134 críticas, cunha clasificación media de 5.3/10. En Metacritic a súa puntuación foi de 51 sobre 100, segundo 39 críticas.[8] e en CinemaScore o público deulle ao filme unha nota media de "C+" nunha escala de A+ a F.

Notas editar

  1. "Rough Night". AMC Theatres. Consultado o 29 de maio de 2017. 
  2. 2,0 2,1 "Pixar's 'Cars 3' should unseat 'Wonder Woman' at the box office". Los Angeles Times. 13 de xuño de 2017. 
  3. "Rough Night (2017)". Box Office Mojo. Consultado o 29 de agosto de 2017. 
  4. Fleming, Mike Jr. (22 de xuño de 2015). "Sony Wins R-Rated Spec Comedy Auction With 'Broad City' & '21 Jump Street' Spinoff Scribes Aniello & Downs". Deadline.com (en inglés). Consultado o 16 de decembro de 2015. 
  5. Pritchard, Julia (26 de agosto de 2016). "Scarlett Johansson gets to work alongside a shirtless male co-star as she shoots scenes for new comedy Rock That Body". Daily Mail. Consultado o 26 de agosto de 2016. 
  6. "Scarlett Johansson shows some skin in tiny crop top". Daily Mail. 27 de setembro de 2016. Consultado o September 27, 2016. 
  7. "‘‘Cars 3’ $53M+ Is Third Best Debut For Pixar Series; ‘Wonder Woman’ Still Wows With $40M+; ‘All Eyez On Me’ Solid". Deadline.com. Consultado o 18 de xuño de 2017. 
  8. "Rough Night reviews". Metacritic. Consultado o 22 de xuño de 2017.