Rose Muhando

música tanzana

Rosa Muhando, coñecida tamén profesionalmente como Rosa Mhando e nada en Dumila en xaneiro de 1976, é unha cantante e letrista de gospel tanzana.

Infotaula de personaRose Muhando
Biografía
Nacemento1976 Editar o valor em Wikidata (47/48 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeTanzania Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Muhando naceu nunha vila do distrito de Kilosa, procedente dunha familia de devotos musulmáns. Segundo o seu relato con nove anos e logo de tres anos enferma tivo unha visión de Xesús Cristo, e curou. Máis tarde converteuse ao cristianismo. Comezou no mundo da música como profesora do coro de Santa María da igrexa anglicana de Chimuli na rexión de Dodoma.

En 2005 levou os premios á mellor cantante feminina e mellor cantante relixiosa dos Tanzania Music Awards[1] e converteuse nunha das principais cantantes tanzanas[2] nun estilo de gospel que como outros músicos da súa xeración integrou elementos locais e seculares[3] e mesmo incluíu na súa música xéneros menos usuais como reggae e rumba[4].

Discografía editar

  • Mteule Uwe Macho (2004)
  • Kitimutimu (2005)
  • Jipange Sawasawa (2008)
  • Nyota ya Ajabu (2010)
  • Utamu Wa Yesu (2011)
  • Nampenda Yesu (2017)
  • Jitenge Na Lutu (2017)
  • Hangriema (2017)
  • Usife Moyo (2018)

Notas editar

  1. "Kilitime". web.archive.org. 2006-05-15. Archived from the original on 15 de maio de 2006. Consultado o 2020-10-27. 
  2. Otiso, Kefa M. (2013). Culture and Customs of Tanzania. ABC-CLIO. p. 191. 
  3. Damaris Seleina Parsitau (2012). "Gospel Music in Africa". En Elias Kifon Bongmba. The Wiley-Blackwell Companion to African Religions. Wiley-Blackwell. p. 500. 
  4. Perullo, Alex (2011). Live from Dar es Salaam: Popular Music and Tanzania's Music Economy. Indiana University Press. p. 138.