Charo Portela Yáñez

escritora española
(Redirección desde «Rosario Portela Yáñez»)

Charo Portela Yáñez, nada en Pontevedra en 1963, é unha escritora galega.

Charo Portela Yáñez
Nome completoCharo Portela Yáñez
Nacemento1963
Lugar de nacementoPontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritora
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela. Foi subdirectora de Ediciós do Castro e coordinadora de actividades culturais do Instituto Galego de Información até 2008.

Forma parte do comité editorial da Biblioteca del Exilio e da directiva da Fundación Premios da Crítica Galicia.

Obra editar

  • Epistolario de Valentín Paz Andrade, xunto con Isaac Díaz Pardo. Ediciós do Castro, 1997.
  • Valentín Paz Andrade, Biografía. Ir Indo, 1998.
  • Epistolario de Carmen Muñoz Manzano, con Xosé Luís Axeitos. Biblioteca del Exilio, Ediciós do Castro, 2005.
  • Luís Seoane e a Galicia medieval. Universidade de Santiago de Compostela, 2010.
  • Valentín Paz Andrade. Biografía e antoloxía, co ilustrador Jaime Asensi. Colección Merlín, Xerais, 2012.
  • Valentín Paz Andrade. Vida e obra. Editorial Xerais, 2012.