Rosana Ubanell, nada en Pamplona o 20 de xuño de 1958, é unha xornalista e escritora navarra, residente en Miami.

Infotaula de personaRosana Ubanell

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de xuño de 1958 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Pamplona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Navarra
Universidade George Mason (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , novelista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciouse en xornalismo pola Universidade de Navarra[1] e traballou como correspondente para diversas publicacións españolas, como a revista Tiempo de Hoy, da que foi correspondente en Bruxelas entre 1986 e 1990.[2] En 1990 foi vivir a Washington, D.C. como correspondente da Tribuna de la Actualidad. En 2002 trasladouse a Miami, onde traballa como subdirectora da revista Nexos, da compañía aérea American Airlines. Ten un título de MBA en Transaccións Internacionais da Universidade George Mason de Virxinia.

Acadou recoñecemento literario pola súa novela Volver a morir, unha historia de suspense ambientada en Miami protagonizada polo detective cubano-estadounidense Nelson Montero.[3] Foi a primeira novela de Penguin Books publicada en lingua castelá.[4]

En 2012 Rosana Ubanell publicou a súa segunda novela, Perdido en tu piel. É unha novela romántica, e a trama desenvólvese, entre outros lugares, en Nova York, Marbella e México.[5]

Obra editar

  • Volver a morir (2011)
  • Perdido en tu piel (2012)

Notas editar

  1. "Rosana Ubanell (COM ´80) presenta su último libro Volver a morir Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine., web da Universidade de Navarra, 15 de decemebro de 2011 (en castelán).
  2. "Entrevista con Rosana Ubanell", Diario de Navarra, 13 de novembro de 2011 (en castelán).
  3. "Miami es el Macondo del norte", entrevista en El País, 26 de decembro de 2011
  4. "Sin Miami no hubiese sido escritora"[Ligazón morta], entrevista en El Nuevo Herald, 15 de xaneiro de 2012 (en castelán).
  5. "Writer Rosana Ubanell tackles first love in her second novel" Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine., en Fox News Latino, 7 de abril de 2013 (en castelán).