Rosa Rodríguez-Vaamonde Domínguez, tamén coñecida como Rosa Bahamonde, nada en Tui en 1832 e finada en 1898, foi unha filántropa galega, que herdou e doou varias obras pictóricas ao Museo del Prado.

Infotaula de personaRosa Vaamonde
Biografía
Nacemento1832 Editar o valor em Wikidata
Tui, España Editar o valor em Wikidata
Morte1898 Editar o valor em Wikidata (65/66 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilántropa Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeSebastián de la Fuente Alcázar
PaiFlorencio Rodríguez Vaamonde Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Filla de María do Carme Domínguez Figueroa e Florencio Rodríguez Vaamonde. Comprometida coa actividade política e cultural de seu pai, foi herdeira dunha colección de importantes pinturas (entre elas copias de Tiziano ou obras de Pedro Berruguete) así como dunha serie de propiedades e bens cos que realizou numerosas doazóns en honra ao seu pai. Entre elas, recórdase nalgunhas necroloxías da familia[onde?] unha rica e moi agradecida doazón ao hospital tudense, posteriormente coñecido como Instituto San Paio, Área Panorámica e, na actualidade, como Edificio Francisco Sánchez.

Pola súa achega á vila de Tui, o Concello concedeulle a Rosa Vaamonde o seu nome a unha céntrica rúa da cidade.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar