Rosa Oubiña Solla
política española
Rosa Oubiña Solla, nada en Cambados en 1961, é unha política galega do PPdeG.
Rosa Oubiña Solla | |
---|---|
Nome completo | Rosa Oubiña Solla |
Nacemento | 1961 |
Lugar de nacemento | Cambados |
Nacionalidade | España |
Ocupación | política |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Cursou estudos de Dereito na UNED. É viticultora e técnico en Enoloxía e Sanidade Vexetal. Foi membro e vocal de Xóvenes Agricultores. Entre 1989 e 1992 foi presidenta de Novas Xeracións en Cambados. Nas municipais de 1991 foi elixida concelleira de Cambados a ata xuño de 2007 foi primeira tenente de alcalde e concelleira-delegada de Cultura, Muller e Servizos Sociais e Xuventude. En decembro de 2007 subsistiu a José Cuíña Crespo como deputado. Foi elixida deputada nas eleccións autonómicas de 2009. En decembro de 2013 substituíu a Alberto Pazos Couñago como deputado. No ano 2018 substituíu ao exalcalde de Cerdedo, José Balseiros.