Rosa Norström

numismática sueca


Rosa Christina Norström (de solteira Rosa Christina Strokirk), nada o 13 de novembro de 1830 e finada o 24 de maio de 1944 en Estocolmo, foi unha numismática sueca.[1][2]

Infotaula de personaRosa Norström
–Rosa Christina Norström–
–Rosa Christina Strokirk–

Retrato de Rosa Norström
Biografía
Nacemento(sv) Rosa Christina Strokirk Editar o valor em Wikidata
13 de novembro de 1860
Morte24 de maio de 1944 (83 anos)
Estocolmo
Suecia Suecia
Datos persoais
País de nacionalidadeSueca
EducaciónReal Academia Sueca de Letras, Historia e Antigüidades
Coñecido porDirección do Gabinete Numismático Real.
Actividade
Campo de traballoNumismática
Ocupaciónnumismático Editar o valor em Wikidata
Membro de
Familia
PaiTheodor Strokirk (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Rosa Norström era filla do tamén numismático Wilhelm Theodor Strokirk.[3] En 1899 foi contratada pola Real Academia Sueca de Letras, Historia e Antigüidades (Vitterhetsakademin), entidade que naquela época acollía o Gabinete Numismático Real de Suecia (Kungliga Myntkabinettet). En 1903 accedeu á presidencia do Gabinete Numismático e exerceu este cargo probablemente ata 1915, cando Bror Schnittger tomou o relevo no posto.[1][2]

Foi membro correspondente da Sociedade Numismática Sueca desde 1911.[4]

Estivo casada con Nils Vilhelm Emanuel Norström, finado en 1897.[5]

Escolma de artigos editar

  • (1906): "Myntfynd från Bösarps kyrkogård" [Achado monetario no cemiterio de Bösarp]. En Fornvännen. Páxinas 191-195.
  • (1907): "Romerskt myntfynd från Sigdes i Burs socken" [Achado de moeda romana de Sigdes en Burs]. En Fornvännen. Páxinas 202-203.
  • (1913): "Två intressanta kopparmynt" [Dúas moedas de cobre interesantes]. En Numismatiska meddelanden. Sociedade Numismática Sueca. XX. Páxina 96.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Högberg, T. (1961).
  2. 2,0 2,1 Grundberg, M.; Hegardt, J. et al. (2015). Páxina 45.
  3. "Strokirk, Wilhelm Theodor". AntikABC.dk
  4. "SNF:s korresponderande ledamöter". Svenska Numismatiska Föreningen.
  5. "Rosa Christina Norström (nacida Strokirk), 1860 - 1944". Myheritage.es

Véxase tamén editar

Bibliografía editar