Rosa Bassave

bibliotecaria e sindicalista galega

Rosa Bassave Roibal, nada na Coruña o 30 de marzo de 1954 e finada en Santiago de Compostela o 11 de setembro de 2012,[1] foi unha militante anarcosindicalista galega.

Modelo:BiografíaRosa Bassave
Biografía
Nacemento30 de marzo de 1954 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte11 de setembro de 2012 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista, bibliotecaria Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAlberte de Esteban Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Logo de traballar nunha fábrica do sector eléctrico, casou ós dezaoito anos con Alberto de Esteban Gracia, emigrando a Barcelona, Inglaterra (onde traban relación con Miguel García e nacionalistas galegos) e París, onde traballa na hostalería. De regreso a Santiago de Compostela, remata a carreira de Historia na USC e comeza a militar na UPG e no seu sindicato revolucionario de estudantes. Formou parte da executiva de ANPG en 1976 e do BNPG 1977, pero logo de fortes discrepancias integrouse no movemento libertario. En 1979 créase a Federación Anarco-comunista Galega e o Colectivo Libertario Arco da Vella.

Posteriormente participa activamente na refundación do sindicato CNT en Compostela, sendo elixida secretaria xeral en 1990 e 2002 e tesoureira en varias ocasións. Tamén participa no Ateneu Libertário de Compostela e na asociación Mulleres Libres, así como na radio Kalimero. En 2005 foi elixida secretaria xeral da Confederación Rexional Galaica da CNT.

Asidua conferenciante, colaborou en publicacións como Arco da Vella (baixo o pseudónimo de María Balteira), (A)narquista, Andaina, CNT, Festa da Palabra Silenciada, Marea Negra, A Nosa Terra, Outrasvozes, ou A Protesta. Bibliotecaria da USC desde 1986, tamén colaborou en revistas profesionais de bibliotecas.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar
  1. CNT Galiza (2012). "Rosa Bassave na memoria" (PDF). Andaina (61-62): 13.