Os Roques de Anaga atópanse na parte nordés da illa canaria de Tenerife, España. Pertencentes ao municipio de Santa Cruz de Tenerife, forman parte do Parque rural de Anaga. Integran así mesmo a rede europea Natura 2000.

Roques de Anaga

Trátase de dous illotes de 10 hectáreas de superficie, o de fóra e o de dentro, este último unido a Tenerife por unha lingua de area visible durante a marea baixa. O Roque de Dentro é o máis grande, existindo no seu cume un bosque de dragos. No Roque de Fóra habita unha colonia de lagartos xigantes.

Ambos os roques serven de lugar de anidación para varias especies de aves mariñas. A navegación na zona dos roques é moi perigosa debido ás correntes mariñas e aos baxíos: destaca especialmente a Baixa da Palometa, unha formación rochosa mergullada que provocou varios naufraxios. Na zona dos roques son moi comúns as quenllas e os cetáceos.