Coordenadas: 27°58′15″N 15°36′45″O / 27.970833333333, -15.6125

O Monumento Natural do Roque Nublo, máis coñecido simplemente como Roque Nublo, é un dos espazos naturais máis emblemáticos da illa de Gran Canaria (Illas Canarias).

O Roque Nublo e La Rana.

Localización editar

Está situado dentro do Parque Rural do Nublo e encóntrase situado no centro xeográfico da illa, sobre terras do municipio de Tejeda, nunha zona moi abrupta. Xunto ao Roque Nublo encóntranse outras formacións rochosas singulares, tales como o chamado Roque del Fraile e La Rana.

Características editar

De orixe volcánica, o roque elévase 80 metros sobre a súa base e 1.813 metros sobre o nivel do mar. Na antigüidade foi utilizado como lugar de culto aborixe. No ano 1987 foi declarado Espazo Natural e en 1994 foi declarado Parque Rural.

O Roque Nublo é a terceira altitude da illa de Gran Canaria, despois do Morro de la Agujereada[1] con 1.956 metros e o Pico de las Nieves con 1.949 metros. Existe un sendeiro cunha camiñada atractiva que leva ata a base do Roque Nublo en aproximadamente 40 minutos. O Roque Nublo é o símbolo por antonomasia da illa de Gran Canaria.

Galería editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  1. La tecnología destrona al Pico de las Nieves como techo de la isla