Ronnie Simpson
Ronald Campbell Simpson, coñecido como Ronnie Simpson, nado en Glasgow o 11 de outubro de 1930 e finado na mesma cidade o 19 de abril de 2004, foi un futbolista e adestrador de fútbol escocés. Xogaba de porteiro e foi internacional coa selección escocesa. Xogou no Celtic FC e foi compoñente dos Lisbon Lions, que foran quen de consegui-la única Copa de Europa que ten o club católico aló polo 1967.
Ronnie Simpson | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Ronald Campbell Simpson | ||
Nacemento | 11 de outubro de 1930 | ||
Lugar de nacemento | Glasgow | ||
Falecemento | 19 de abril de 2004 | ||
Lugar de falecemento | Glasgow | ||
Altura | 1,78 m. | ||
Posición | Porteiro | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1946–1950 | Queen's Park | 78 | (0) |
1950–1951 | Third Lanark | 21 | (0) |
1951–1960 | Newcastle United | 262 | (0) |
1960–1964 | Hibernian | 123 | (0) |
1964–1970 | Celtic | 118 | (0) |
Total | 602 | (0) | |
Selección nacional | |||
1948 | Gran Bretaña | ||
1953–1957 | Escocia B | 2 | (0) |
1967–1968 | Escocia | 5 | (0) |
1968 | Scottish League XI | 1 | (0) |
Adestrador | |||
1971–1972 | Hamilton Academical | ||
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria Editar
Xogou para os de Glasgow un total de 188 partidos de carácter oficial quedando a súa portaría sen recibir gol ningún en aproximadamente o 50% dos encontros que disputou.[Cómpre referencia].
Ademais de formar parte dese mítico Celtic entre as tempadas de 1964 á de 1970 (retírase non pola idade senón por unha mancadura nun brazo), tiña defendido anteriormente as cores do Queen's Park, do Third Lanark, do Newcastle United e mais do Hibernian nesta orde.
Puido vesti-la camisola nacional en 5 ocasións chegándolle o debut con 36 anos por incrible que poida semellar. De feito, foi un daqueles xogadores que venceron en Wembley no 1967 por 2-3 a uns ingleses que dende que quedaran campións do mundo no ano anterior non perderan deica ese intre.
Era fillo de Jimmy Simpson, un defensa central da década dos 30 que chegara a xogar coa selección escocesa de fútbol e que pertencera ó Rangers por curioso que poida resultar e ó Dundee United.
Como adestrador tan só estivo en ativo un ano no mando do Hamilton Academical F.C.. A nivel persoal cómpre salienta-lo galardón recibido en 1967 de Xogador escocés do ano segundo a Asociación de Xornalistas do Fútbol Escocés.
Morreu a causa dun infarto de miocardio.
Palmarés Editar
- Newcastle United
- FA Cup: 1952, 1955
- Celtic
- Copa de Europa: 1967