Ronfe é unha aldea e parroquia portuguesa do concello de Guimarães, sede da fregresía de Ronfe que ten 5,02 km² de superficie e 4462 habitantes (2011), tendo así unha densidade de poboación de 888,8 hab./km².

Modelo:Xeografía políticaRonfe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°26′09″N 8°23′31″O / 41.4358, -8.3919
EstadoPortugal
DistritosDistrito de Braga
CidadeGuimarães Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie5,02 km² Editar o valor en Wikidata

Historia

editar
 
Estatua dun soldado medieval

Foi sede de concello (Couto de Ronfe ou Couto de Vermil) até 1834. O pequeno municipio estaba formado polas freguesías de Ronfe, Vermil, parte de Mogege, e tiña, en 1801, 853 habitantes. Foi o seu último xuíz-presidente, Juliano Ribeiro Bernardes, e o último presidente electo Bento Custodio Machado.


A localidade de Ronfe foi elevada á categoría de vila o 13 de maio de 1999. É unha vila chea de intereses históricos. No libro de José Hermano Saraiva, especúlase que a batalla de S. Mamede tivo lugar en Ronfe, na zona da Quinta de S. Miguel. [Cómpre referencia] A igrexa parroquial foi comezada antes das guerras napoleónicas e finalizada en 1825.

 
Igrexa de Ronfe, rematada no ano 1825
editar

Camilo Castelo Branco menciona varias veces a Ronfe nos seus contos e novelas.[1]

Como se pode ler no Discurso sobre a conquista de Pegu (cap. III) de Manuel de Abreu Mousinho[2], o capitán e aventureiro portugués Salvador Ribeiro de Sousa (ou Salvador Dias Ribeiro), ás veces chamado "Massinga", activo en Birmania a principios do século XVII, naceu no Couto de Ronfe, para a quen, segundo o citado autor "os nativos de Pegu elixiron para o seu rei no ano 1600 "e polo tanto coñecido xeralmente como "rei de Pegu". [Cómpre referencia]

En Ronfe naceu e adestraba Aurora Cunha, atleta tricampeoa mundial nos anos 80 e 90 e gañadora de varios maratóns internacionais como os de París, Toquio, Chicago, etc., a pesar de que aos seus pais "non lles parecía ben que andase a ensinar as pernas pola vila"[3].

Poboación

editar
Poboación da freguesia de Ronfe (1864 – 2011) [4]
1864 1878 1890 1900 1911 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2011
984 979 1 109 1 317 1 177 1 062 1 261 1 699 2 141 2 647 2 958 3 373 3 499 4 487 4 462
  1. "A viúva do enforcado" (PDF). visionvox.net/biblioteca (en portugués). Consultado o 24 de xuño de 2022. 
  2. OpenLibrary.org. "Breve discurso em que se conta a conquista do Reino do Pegú (1936 ed.) ; pen Library". Open Library. Consultado o 2022-06-24. 
  3. Guimarães, Mais (2020-05-22). "Aurora Cunha". Mais Guimarães (en portugués). Consultado o 2022-06-24. 
  4. Instituto Nacional de Estatística (Recenseamentos Gerais da População) - https://www.ine.pt/xportal/xmain?xpid=INE&xpgid=ine_publicacoes

Véxase tamén

editar

 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.