Rolls-Royce Motors

Para as empresas actuais ver Rolls-Royce Holdings plc (motores de aviación, etc.) e Rolls-Royce Motor Cars, para a empresa orixinal ver Rolls-Royce.


Rolls-Royce Motors foi creado en 1973 durante a escisión do negocio de automóbiles Rolls-Royce da nacionalizada Rolls-Royce. Vickers adquiriu a compañía en 1980 e vendeuna a Volkswagen en 1998.

Rolls-Royce Motors
Rolls-Royce Motors emblem.svg
TipoPrivada
Fundación1973
LocalizaciónReino Unido Reino Unido
IndustriaAutomóbil
ProdutosAutomóbil
editar datos en Wikidata ]

HistoriaEditar

A Rolls-Royce orixinal fora nacionalizada en 1971 debido ao colapso financeiro da empresa, causado en parte polo desenvolvemento do motor a reacción RB211. En 1973, o goberno británico vendeu o negocio de automóbiles Rolls-Royce para permitir que a matriz nacionalizada Rolls-Royce (1971) Limited se concentrarse na fabricación de motores a reacción.

En 1980, Rolls-Royce Motors foi adquirida por Vickers.

Venda a VolkswagenEditar

En 1998, Vickers plc decidiu vender Rolls-Royce Motors. O principal candidato parecía ser BMW, que xa fornecía motor de combustión interna e outros compoñentes para os coches Rolls-Royce e Bentley. A súa oferta final de 340 millóns de £ foi superada polo Grupo Volkswagen, que ofreceu 430 millóns de £.

Como parte do acordo, o Grupo Volkswagen adquiriu a histórica fábrica de Crewe, ademais dos dereitos da figura do "Espírito do Éxtase" e a forma da grella do radiador. Con todo, o nome da marca Rolls-Royce e o logotipo foron controlados polo fabricante de motores aeronáuticos Rolls-Royce plc, e non por Rolls-Royce Motors. O fabricante de motores aeronáuticos decidiu a autorizar o uso do nome de Rolls-Royce e o logotipo a BMW e non a Volkswagen, en gran parte debido a que o fabricante de motores aeronáuticos compartira recentemente proxectos empresariais conxuntos con BMW. BMW pagou 40 millóns de £ para quedarse o nome Rolls-Royce e o logotipo "RR", un acordo que moitos comentaristas pensaban que era unha ganga para posiblemente a propiedade máis valiosa do trato. O Grupo Volkswagen tiña os dereitos da mascota e da grella, pero faltábanlle os dereitos sobre o nome de Rolls-Royce para construír os coches, así mesmo BMW tiña o nome, pero carecía dos dereitos á grella e a mascota.

A situación inclinouse a favor de BMW, xa que podían retirar o seu fornecemento de motores con só 12 meses de antelación, polo que houbo tempo suficiente para que VW re deseñara os coches Rolls-Royce para utilizar os propios motores de VW. Volkswagen afirmou que en realidade só quería Bentley, xa que era a marca de maior volume, os modelos de Bentley vendíanse nunha proporción de dúas a unha sobre Rolls Royce.

A perda da marca Rolls-RoyceEditar

Logo de negociacións, entre BMW e o Grupo Volkswagen chegaron a unha solución. De 1998 a 2002, BMW continuaría fornecendo motores para os coches e permitiría que Volkswagen usara o nome de Rolls-Royce e o logotipo. O 1 de xaneiro de 2003, unicamente BMW sería capaz de chamar aos coches "Rolls-Royce", e a antiga división Rolls-Royce / Bentley do Grupo Volkswagen basearíase só nos coches "Bentley". O último Rolls Royce da fábrica de Crewe, o Corniche, cesou a produción en 2002, momento no que a fábrica de Crewe converteuse en Bentley, e produción de Rolls-Royce asumiuna un novo ente en Goodwood, Inglaterra coñecido como Rolls-Royce Motor Cars.

CochesEditar

Os modelos Bentley producíronse principalmente en paralelo cos coches anteriores. Os cupés Bentley Continental (producidos en diversas formas, desde mediados de 1950 ata mediados de 1960) non teñen equivalentes de Rolls-Royce. Tamén se produciron as moi custosas limusinas Rolls-Royce Phantom.

Era Grupo VolkswagenEditar

  • 1998-2002 Silver Seraph - Este compartiu o seu deseño co Bentley Arnage, que vendeuse en números moito maiores.
  • 2000-02 Corniche V - Este convertible de dúas portas compartiu o seu deseño co Bentley Azure e era o Rolls-Royce máis caro ata a presentación do Phantom en 2003.

Véxase taménEditar

Outras lecturasEditar

  • Richard Feast, Kidnap of the Flying Lady: How Germany Captured Both Rolls Royce and Bentley, Motorbooks, ISBN 0-7603-1686-4

NotasEditar

Ligazóns externasEditar