Abrir o menú principal
Roger Williamson
Roger Williamson statue Donington Park.jpg
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Reino Unido Reino Unido
Anos en activo 1973
Escudería(s) March
Grandes Premios disputados 2
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio do Reino Unido de 1973
Derradeiro GP Gran Premio dos Países Baixos de 1973


Roger Williamson nado en Ashby-de-la-Zouch (Leicestershire) o 2 de febreiro de 1948 e finado en Zandvoort o 29 de xullo de 1973, foi un piloto británico de carreiras. Morreu durante o Gran Premio dos Países Baixos de 1973 no circuíto Park Zandvoort.

Índice

TraxectoriaEditar

Fillo dun propietario dun taller mecánico, Williamson herdou do seu pai o gusto pola velocidade, xa que era piloto de motocicletas. Con todo, Roger sentía unha maior atracción polos coches. O seu pai construíulle un kart moi competitivo, co cal gañou diversos campionatos de karting, malia as dificultades económicas que atopou a súa familia.[1]

Gañou os títulos de 1971 e 1972 no Campionato Británico de Fórmula 3. En 1973, ofrecéronlle un volante no equipo March Engineering de Fórmula 1. Isto foi despois de probar co equipo BRM e non o escolleron como piloto.[2][3]

MorteEditar

 
Os restos queimados do March 731 de Williamson.
 
Escena do accidente mortal de Williamson con Gijs van Lennep pasando.

Despois do seu debut en Fórmula Un no Gran Premio do Reino Unido de 1973 que non puido acabar debido a unha colisión con outro piloto. a segunda aparición na Fórmula 1 de Williamson foi no Gran Premio dos Países Baixos de 1973 no Circuíto de Zandvoort. Na súa oitava volta, un rebentón nun pneumático provocou que perdera o control do vehículo. O coche impactou contra as barreiras a alta velocidade, sendo catapultado a unha distancia de 275 metros pola pista para acabar finalmente boca abaixo contra as barreiras do outro lado do circuíto, despois de que o depósito de combustible incendiásese debido ao rozamento contra o chan. David Purley, amigo de Williamson, saíu do seu propio coche nun intento desesperado de salvar ao piloto accidentado. Williamson non resultara ferido de gravidade, e berraba a Purley que o sacase do coche, mentres Purley intentaba en balde voltear o coche envorcado.

En principio, os comentaristas da televisión neerlandesa, o control de carreira e algúns outros pilotos asumiron que fora o coche de David o que sufrira o accidente, e que o piloto escapara indemne, o cal resultou en que a carreira proseguira con total normalidade.

Os comisarios da curva onde ocorrera o accidente estaban mal adestrados e equipados, de modo que foi o propio Purley quen debeu usar o extintor para tratar de apagar o lume. A vestimenta dos comisarios non era ignífuga, de modo que estes limitáronse a esperar a que chegase o camión de bombeiros mentres a carreira seguía en progreso. O lume foi relativamente débil durante tres minutos, tempo suficiente para voltear o coche e sacar a Williamson, pero Purley non podía facelo só. No que foi considerado como o aspecto máis impactante do incidente, un dos comisarios intentou afastar a Purley de alí mentres Williamson permanecía atrapado e indefenso. Como a maioría dos corredores identificaron por erro a Purley como o piloto do coche siniestrado e, polo tanto, pensaron que o coche ardente estaba baleiro, ningún deles parou a axudar e a carreira continuou, aínda que Purley a bordo do circuíto e acenaba coas mans para que non o fixesen. Algúns espectadores, ante a indiferenza dos comisarios, intentaron saltar as valas de seguridade e entrar ao circuíto, pero foilles impedido polo persoal de seguridade, que empregou cans.

Cando chegou o camión de bombeiros, Williamson morrera de asfixia. Os comisarios limitáronse a colocar un manto branco sobre os restos do coche e deixar que continuase a carreira.[4]

Os comisarios de pista vestían blazers normais e non os monos resistentes ao lume que usaban os pilotos e, polo tanto, non estaban dispostos a achegarse ás grandes chamas. Purley foi condecorado máis tarde coa Medalla George pola valentía que mostrou ao intentar rescatar a Williamson. Nos anos posteriores ao accidente, a roupa resistente ao lume sería obrigatoria para todos os comisarios para que puidesen axudar en caso de incendio. Os próximos anos tamén viron un notable aumento dos pilotos que se detiveron en sitios de accidentes para axudar nos esforzos de rescate, notablemente no Gran Premio de Alemaña de 1976.

A perda de Williamson foi representativa das mortes ou lesións de moitos pilotos da época, e foi a primeira vez que un evento tan tráxico era retransmitido por televisión para un público tan amplo. O accidente puxo de manifesto as deficiencias da seguridade dos Grandes Premios. Niki Lauda declarou trala carreira que se sentía "extremadamente triste e culpable" de que ninguén puidese ou querido axudar a Purley.[5]

Varias fotografías das tomadas por Cor Mooji dos intentos de David Purley por salvar a Williamson obtiveron o premio World Press Photo de deportes en 1974.[6] En 2003, no trixésimo aniversario do seu accidente mortal, unha estatua en bronce de Williamson foi erixida no circuíto de Donington Park, na localidade natal do piloto. Tom Wheatcroft, quen apoiara economicamente a Williamson durante boa parte da súa carreira, describiu o día da morte de Williamson como "o día máis triste de toda a miña vida".

Resultados Completos na Fórmula UnEditar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 Pos. Pts.
1973 STP March Racing Team March 731 Cosworth V8 ARG BRA RSA ESP BEL MON SWE FRA GBR
Ret
NED
Ret
ALE AUT ITA CAN USA NC 0

NotasEditar

  1. "No Mirando A Nuestro Daño - Todos Los Pilotos Muertos - Roger Williamson". pilotos-muertos.com. Consultado o 4 de marzo de 2017. 
  2. pitlane.gr
  3. silodrome.com - Roger Williamson
  4. Zamorano, Igor (1 de xunio de 2011). "Gran Premio de Holanda de 1973. Un dos momentos máis tristes da Fórmula 1" (en castelán). Consultado o 4 de marzo de 2017. 
  5. "Os peores momentos da Formula 1 - Deportes". Foro Meristation (en inglés). Consultado o 4 de marzo de 2017. 
  6. "1974 Cornelis Mooij OTS1-AG". World Press Photo. Consultado o 4 de marzo de 2017. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Tremayne, David (2000). Haynes Publishing, ed. The science of safety. UK. p. 160. ISBN 1-85960-664-4. 
  • Tremayne, David (1991). Motor Racing Publications Ltd, ed. Racers Apart: Memories of motorsport heroes. UK. p. 293. ISBN 0-947981-58-6. 
  • Tremayne, David (2006). Haynes Publishing, ed. The Lost Generation. ISBN 1-84425-205-1. 

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar