Roger Searle Penske, nado o Shaker Heights, Ohio, o 20 de febreiro de 1937, é un empresario estadounidense involucrado nas carreiras de autos profesionais. É famoso pola súa propiedade do Team Penske, DJR Team Penske, Penske Corporation e outros negocios relacionados co automóbil.

Infotaula de personaRoger Penske

(2023) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de febreiro de 1937 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Shaker Heights, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Lehigh (pt) Traducir
Culver Academies (en) Traducir
Shaker Heights High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un , propietario dun equipo de NASCAR , empresario Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Participou en
24 Horas de Le Mans Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosGregory Penske (pt) Traducir, Jay Penske (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
500 Millas de Indianápolis de 1994 gañado polo Penske PC23 pilotado por Al Unser, Jr
Penske en 2005

Penske ten a maior cantidade de vitorias como propietario de equipo nas 500 Millas de Indianápolis con 16 vitorias. En 1961 Sports Illustrated nomeouno piloto do ano do Sports Car Club of America. Logo de retirarse da pilotaxe uns anos máis tarde, creou un dos equipos máis exitosos nas carreiras de IndyCar Series e NASCAR. Tamén é coñecido polo seu alcumo de "The Captain" (O Capitán).[1]

Penske é un dos directores corporativos de General Electric e foi presidente da Super Bowl XL en Detroit. Anteriormente foi membro da xunta directiva de The Home Depot e Delphi Automotive antes de renunciar para presidir o Comité do Super Bowl de Detroit. Ten un patrimonio neto estimado de 1.950 $ millóns en setembro de 2015.[2]

Xuventude e educación

editar

Nado en Shaker Heights, Ohio,[3] O pai de Penske era o xerente dunha empresa de fabricación de metal e alentou ao seu fillo a converterse en empresario.[4] Cando era adolescente, compraba automóbiles vellos, reparábaos e vendíaos cun beneficio para a súa familia en Cleveland, Ohio. En 10 anos, Penske competiu e vendeu ao redor de 32 autos.[5] Penske abandonou a Universidade de Lehigh.[6]

Andaina nas carreiras

editar

A partir de 1958, Penske comprou, competiu e vendeu autos de carreiras, e tivo éxito tanto na parte financeira como na pista. Penske fixo o seu debut profesional no Marlboro Motor Raceway agora abandonado en Upper Marlboro, Maryland.

En 1960, xa era un coñecido piloto de autos de carreiras (Sports Illustrated SCCA Piloto do ano).[Cómpre referencia] Competiu en dous Grandes Premios de Fórmula Un, e gañou unha carreira da NASCAR, a Pacific Coast Late Model, en Riverside en 1963. Nunca correu as ,500 Millas de Indianápolis: ofrecéronlle unha proba de novato en Indianápolis, pero rexeitouna por razóns comerciais. O novato Mario Andretti interveu para que Penske fixera esa proba.

Penske continuou competindo ata 1965, cando se retirou como piloto, para concentrarse no seu primeiro concesionario Chevrolet en Filadelfia, PA.[7]

Equipos de carreiras

editar

Penske Racing debutou en 1966 nas 24 Horas de Daytona,[8] e retirouse da carreira. O seu equipo competiu por primeira vez nas 500 Millas de Indianápolis en 1969, gañando ese evento en 1972 co piloto Mark Donohue, e o seu primeiro triunfo en NASCAR foi en 1973. Os seus equipos gañaron moitas carreiras nos campionatos dos anos seguintes. Pechou o seu equipo de Fórmula 1 con base en Europa en 1977. En 1982, converteuse no presidente da empresa Penske Truck Leasing.

Penske Racing opera na actualidade como un equipo da NASCAR cos pilotos Brad Keselowski e Joey Logano. Tamén opera como un equipo da IndyCar Series composto por Hélio Castroneves, Juan Pablo Montoya, Josef Newgarden, Simon Pagenaud e Will Power. Previamente, Penske Racing participou na serie CART que incluíu a algúns dos mellores pilotos da época, como Gary Bettenhausen, Tom Sneva, Mario Andretti, Bobby Unser, Al Unser, Al Unser, Jr., Emerson Fittipaldi, Rick Mears, Danny Sullivan, Paul Tracy e Gil de Ferran. Logo de moitos anos de intentalo, o seu equipo gañou a Daytona 500 en 2008 con Ryan Newman pilotando. Penske, máis tarde gañaría outra Daytona 500 en 2015 con Logano detrás do volante.

En 2005, Porsche estableceu o escenario para regresar ás carreiras de automóbiles nos Estados Unidos e escolleu a Penske Racing para correr na clase LMP2 das American Le Mans Series (ALMS). O Penske Porsche ocupou o centro do escenario no 2006, gañando de inmediato, incluíndo as vitorias no Mid-Ohio terminando 1-2 por diante de Audi (competindo nunha clasificación máis alta) e na Petit Le Mans anual, un evento de exibición de 10 horas celebrado en Road Atlanta. O seu equipo logrou unha vitoria xeral nas [12 Horas de Sebring] en 2008.

Penske tamén correu cun Pontiac Riley Daytona Prototype nas Rolex 24 de Daytona de 2008, con Kurt Busch, Ryan Briscoe, e Hélio Castroneves pilotando. O coche foi conucido en conxunto con SunTrust Racing de Wayne Taylor. Terminaron terceiros na xeral.

En 2009, Penske suspendeu a súa participación no ALMS, cambiando á serie rival do ALMS, a Grand-Am Rolex Sports Car Series para a tempada completa. Usaron un Porsche con motor Riley pilotado por Timo Bernhard e Romain Dumas.

Penske comprou a vella fábrica de aire acondicionado de Matsushita en Mooresville, NC e reconstruíuna para consolidar o seu negocio de carreiras. Todas as operacións de carreiras de Penske están baixo un mesmo teito, cos seus equipos da IndyCar, NASCAR e American Le Mans Series (desde 2009) compartindo 39.400 m² de espazo que abarcan 42 hectáreas.

Penske gañou o seu primeiro Campionato da NASCAR Sprint Cup co piloto Brad Keselowski o 18 de novembro de 2012.[Cómpre referencia]

 
Roger Penske inaugurado no Wall of Fame en Sonoma Raceway en 2015

A finais de 2014, anunciouse que Penske tería un 51% de participación no equipo australiano V8 Supercars Dick Johnson Racing, formando o equipo DJ Penske. O equipo presentou un coche en 2015, inicialmente para Marcos Ambrose antes de abandonar para dar paso a Scott Pye. O equipo expandiuse a un segundo coche para o neo celandes Fabian Coulthard en 2016, antes de que Pye fose substituído por outro Kiwi Scott McLaughlin en 2017. Coulthard gañou a primeira carreira na Tyrepower Tasmania SuperSprint de 2017.

Vida persoal

editar

Penske ten cinco fillos, dous coa súa primeira esposa Lisa e tres coa súa segunda esposa Kathy: Roger, Jr, Gregory, Blair, Mark, e Jay Penske.

Penske, un ávido coleccionista de vehículos, posúe moitos automóbiles estadounidenses e europeos raros, incluíndo un Ferrari FXX, dos cales só se fixeron 30.

Actividades políticas

editar

Penske Racing doou 500.000 dólares a Restore Our Future, Super PAC de Mitt Romney.[9] Penske foi estimado como posible candidato para alcalde de Detroit, pero rexeitouno.[10]

En 2016 comezou o movemento "Draft Roger Penske para o Senado dos Estados Unidos (Michigan)".[11]

Penske Automotive Group

editar

Como CEO de Penske Automotive Group en 2008, Penske obtivo unha compensación total de $ 2.706.388, que incluía un salario base de $ 1.000.000, sen bonos en efectivo, accións outorgadas por $ 1.680.[12] Participou nun intento de compra de Saturn Corporation, fabricantes de automóbiles Saturn. O 30 de setembro de 2009, o seu Penske Automotive Group anunciou o acordo para comprar Saturn fracasara.

Resultados na carreira deportiva

editar

SCCA National Championship Runoffs

editar
Ano Clase Coche Posición
1960 F Modified Porsche RSK 1
1961 D Modified Maserati/Cooper 1
1962 D Modified Cooper Monaco 1
1963 D Modified Zerex Special 1

Resultados completos na Fórmula Un

editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos. Puntos
1961 John M Wyatt III Cooper T53 Climax 4 en liña MON NED BEL FRA GBR ALE ITA USA
8
NC 0
1962 Dupont Team Zerex Lotus 24 Climax V8 NED MON BEL FRA GBR ALE ITA USA
9
RSA NC 0
Source:[13]

Referencias

editar
  1. James, Brant (4 de marzo de 2013). "Long-Range Vision". Autoweek 63 (5): 54–60. 
  2. Roger Penske - Forbes, Forbes.com. Accessed 21 de setembro de 2015.
  3. "2009 Kronk Gym Foundation Honorees: Roger Penske" (PDF). Kronk Gym Foundation. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de xullo de 2011. Consultado o 2011-01-01. 
  4. "Roger Penske Sports Biography, Photos & Rise To Success". Ca.askmen.com. 1937-02-20. Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2014. Consultado o 2011-01-01. 
  5. "Gale Encyclopedia of Biography: Roger Penske". Answers.com. Consultado o 2011-01-01. 
  6. "Roger Penske". Forbes. 10 de agosto de 2017. Consultado o 10 de agosto de 2017. 
  7. "#382 Roger Penske". Forbes. 2017. Consultado o 10 de agosto de 2017. 
  8. Team Penske - Year by Year Highlights, www.teampenske.com Retrieved 8 de xaneiro de 2015
  9. Lane, Amy (28 de outubro der 2012). "Penske drives to the lead of super PAC list". Crain's Detroit Business. Consultado o 1 de decembro de 2013. 
  10. Welch, William M. (20 de agosto de 2011). "Time to draft Roger Penske for president?". USA Today. Consultado o 1 de decembro de 2013. 
  11. JLenardDetroit. "Draft Roger Penske for USSenate (Michigan) | RedState". RedState (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2018. Consultado o 2017-01-05. 
  12. 2008 CEO Compensation for Roger S. Penske Arquivado 14 de agosto de 2009 en Wayback Machine., Equilar.com
  13. Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness. p. 284. ISBN 0851127029. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar