Roger K. Crouch

Astronauta estadounidense

Roger Keith Crouch, nado en Jamestown (Tennessee) o 12 de setembro de 1940, é un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-83 e STS-94. Pasou un total de 19,67 días no espazo.[1]

Roger K. Crouch
Roger Crouch.jpg
Datos persoais
Nacemento12 de setembro de 1940
LugarJamestown (Tennessee)
Actividade
MisiónsSTS-83 e STS-94
Tempo no espazo19,67 días
PremiosEagle Scout
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Crouch é graduado en física polo Instituto Politécnico de Tennessee en 1962 e é máster de ciencias e doutor de filosofía en física polo Instituto Politécnico de Virxinia en 1968 e 1971 respectivamente. Foi científico visitante do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts entre 1979 e 1980.[1]

Participou nas misións STS-83 e STS-94 como especialista de carga.[1]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2019). "Crouch, Roger Keith" (en inglés). Consultado o 1 de xuño de 2019. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar