Rodrigo García Varela

actor e director galego

Rodrigo García Varela, finado na Coruña o 3 de xaneiro de 1936,[1] foi un actor e director galego.

Rodrigo García Varela
Falecemento3 de xaneiro de 1936
LugarA Coruña
NacionalidadeEspaña
Profesiónactor e director teatral
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Empregado de Fábricas Coruñesas de Gas y Electricidad. Actor e director de escena, foi membro da Coral Polifónica El Eco, da Agrupación Lírica Coruñesa, da que foi director artístico, e da Agrupación Artística Coruñesa Ofelia Nieto. Dirixiu a segunda temporada do Conservatorio Nacional da Arte Galega (1920-1921).

Vida persoal editar

Casou con Josefa Albertino Losada en 1925.[2]

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, 4-1-1936, p. 5.
  2. El Ideal Gallego, 10-3-1925, p. 6.