Abrir o menú principal

Rodolfo Feijoo Pardiñas, nado en Camariñas o 1 de novembro de 1851 e finado na Coruña o 28 de abril de 1892, foi un xornalista e político galego.

Rodolfo Feijoo Pardiñas
Nacemento1 de novembro de 1851
 Camariñas
Falecemento28 de abril de 1892
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e político
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Irmán de Ambrosio Feijoo Pardiñas. Licenciado en Leis pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi presidente da Juventud Republicana da Coruña, participou nas revoltas liberais e foi elixido en 1873 para a Asemblea Provincia polos republicanos de Santiago de Compostela. Colaborou no diario La Vanguardia e en La República y España y América de Madrid, en Euskaldun-Leguía de Bilbao, no Boletín Federal da Coruña, e en La España de Lisboa. Publicou artigos literarios en Las Noticias e noutros periódicos coruñeses, onde apareceu a súa novela breve ¡Pobre Luisa!.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Gran Enciclopedia Gallega.